martes, 4 de abril de 2023

ERMIDA DE SANTA LUCIA - VILAMEÁ - CASTRO DE LAZA - LAZA

 ERMIDA DE SANTA LUCIA

VILAMEÁ

CASTRO DE LAZA

LAZA

 Vilameá

       Vilameá é un lugar da parroquia do Castro de Laza, no concello ourensán de Laza, na comarca de Verín.

      Tiña 39 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 21 eran homes e 18 mulleres.

     Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 38 habitantes (21 homes e 27 mulleres), o que supón a diminución de 1 habitante con respecto ao ano 2009 cando tiña 39 habitantes.


Toponimia

     A orixe do topónimo é o latín Villam Medianam, que é a vila situada no medio.

Lugares do Castro de Laza

     O Castro, Correchouso, O Navallo, Naveaus, Soutelo Verde, Tamicelas, Vilameá


O Castro de Laza

     San Pedro do Castro de Laza é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. 

     No ano 2007 tiña 280 habitantes (133 homes e 147 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de habitantes en relación ao ano 2000.


Comarca de Verín

       A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Demografía
      Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.

       Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%).

     O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.

Particularidades

       Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.

      Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901