ESTACIÓN DE ALBERGUERIA - PRADO
CASTRO DE LAZA
LAZA
Estación da Alberguería-Prado
A Alberguería-Prado é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no límite entre as parroquias do Castro de Laza (Laza) e Prado (Vilar de Barrio), a 2,5 km da aldea de Prado e 4,5 km da Alberguería (Laza), na provincia de Ourense.
Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 194,086 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 767 metros de altitude, entre as estacións de Laza-Cerdedelo e Vilar de Barrio.
O tramo é de vía única e está sen electrificar. Está próxima ao túnel de Serra Pequena de 1.876 metros de lonxitude.
Historia
A vontade de unir Madrid con Vigo vía Medina del Campo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864.
Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".
É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Puebla de Senabria da liña Zamora - A Coruña vía Ourense.
A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación quedou sen os seus servizos de Media distancia entre Ourense e Pobra de Sanabria.
A estación
O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos de aspecto rústico e parcialmente revestido de pedra.
Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901