ESTACIÓN DE PEDRALBA
PEDRALBA DE LA PRADERÍA
ZAMORA
Estación de Pedralba
Pedralba é unha estación de tren de Adif situada na vila de Pedralba de la Pradería, provincia de Zamora.
Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 113,77 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 992 metros de altitude, entre as estacións de Puebla de Sanabria e Lubián. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864.
Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".
É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Puebla de Sanabria da liña entre Zamora e A Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación quedou sen os servizos de Media distancia entre Ourense Puebla de Sanabria.
A estación
O edificio para viaxeiros é unha un sinxelo edificio de dúas plantas construído en pedra. O seu tellado de catro vertentes é de tella.
Na planta baixa posúe unha galería cuberta. Dispón de dúas plataformas curvadas, unha lateral e outra central, ás que acceden só dúas vías xa que unha das vías que daba servizo á plataforma central foi levantada.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901