CONFERENCIA
FRANCISCO MOLDES FONTÁN " CHUCO "
BARRO
"Estiven ameazado polo mundo do narcotráfico cando fun deputado" afirmou onte Moldes Fontán na charla "Un de Barro polo mundo... 40 anos despois".
O actual Consejero de Educación, Cultura e Deportes da Embaixada de España en Argentina, falou sobre a súa vida, esbozou anécdotas de Barro e compartiu datos importantes.
Aproveitou a charla para achegar aos asistentes un documento único e orixinal datado de 1903, no que se constituía a "Asociación de Agricultores de Barro".
Na charla na que participaron medio centenar de persoas, estiveron presentes familiares, amigos, veciños e compañeiros de universidade como Landín Eirín, Alcalde de Barro, Gerino Calvo, Ex-director da UNED en Pontevedra ou o músico Esteban Batallán.
Ao remate da charla como recordo entregóuselle unha talla de madeira facendo referencia á súa familia con respecto ao "Muiño de Valerio ou Muiño dos de Moldes" situado no Parque da Natureza da Barosa.
Rodeado de amigos, veciños, familiares e excompañeiros de universidade, "Chuco" Moldes Fontán pronunciou onte a charla-coloquio "Un de Barro polo mundo...40 anos despois" no Pazo da Crega en Barro.
O diplomático fixo partícipes aos asistentes nun acto nos que esbozou datos, anécdotas de Barro e da súa vida entre o medio centenar de asistentes entre os que se atopaban Esteban Batallán, solista da Orquesta Sinfónica de Granada, Landín Eirín, Alcalde de Barro ou Gerino Calvo, Ex-director da UNED en Pontevedra, sendo estes dous últimos excompañeiros de universidade.
Moldes Fontán tivo a oportunidade de pequeno de montar a "Coso" o primeiro automovil que se fabricou en Galicia e que fixera seu pai José Moldes Castro, e do que conserva fotografías da época. Tamén recordou o paso do ex-presidente do goberno Adolfo Suarez por Barro co que foi co-fundador do CDS.
Como deputado recordou o seu impulso para que tivese lugar en TVE o programa "Quien sabe donde", a implantación da Oficina do Defensor do Soldado ou os traballos parlamentarios sobre o narcotráfico en Galicia, época na que afirmou "Estiven ameazado de morte por ese mundo".
Xa falando de temas máis recentes o diplomático nado en Barro, afirmou que "polo mundo apréndese a escoitar e calar". Chuco sinalou que polas súas responsabilidades nos vindeiros días, xa en Arxentina, tocaralle acompañar ás distintas autoridades do goberno de España, como o Presidente Rajoy ou as SAR os Príncipe de Asturias na elección da próxima cidade olímpica para o 2020 que se decidirán entre Tokio, Estambul ou Madrid e que terá lugar en Bos Aires.
Como remate final da charla, mostrou un documento único e orixinal que está datado no ano 1903, no que se constituía a "Sociedad de Agricultores de Barro". A AC Ferveza da Barosa fíxolle entrega dunha talla de madeira feita á man por Maderas Oubiña, na que se fai referencia ao "Muiño de Valerio ou Muiño (da familia) dos de Moldes".
A reportaxe fotográfica da charla correu a cargo do blogger Xoan Arco da Vella, coñecido polos seus blogs "O paraíso existe, ven O Morrazo" ou "Xoan Arco da Vella".
Despois da charla, Moldes Fontán, puido compartir xa momentos máis íntimos nun pincho que ofreceron os patrocinadores da charla, Adega Moraima de Barro, Panadería Pasarín e Panadería Daniel.
A.C. FERVENXA DA BAROSA
XOAN ARCO DA VELLA