jueves, 22 de agosto de 2013

CHARLA DE FRANCISCO J. MOLDES

CHARLA
DE
FRANCISCO J. MOLDES "CHUCO"
A.C. FERVENZA DA BAROSA


     "Un de Barro polo mundo...40 anos despois" charla do diplomático nado en Barro, Francisco J. Moldes Fontan, Chuco, organizada pola AC Fervenza da Barosa.

      Organizada pola AC Fervenza da Barosa, Francisco Moldes Fontán falará na súa terra natal, Barro, o vindeiro mércores día 28 de Agosto, no Pazo da Crega ás 21.15 horas.


      O actual Consejero de Educación, Cultura e Deportes da Embaixada de España en Argentina, percorrerá dentro a súa experiencia vital así como falará da historia recente de Barro dende un punto de vista persoal.
Na súa dilatada vida profesional Francisco Moldes foi mestre, político, crítico literario e actualmente é diplomático.


      Esta actividade enmárcase dentro dun ciclo cultural de charlas coloquio que organiza a Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa".

      Barro, 20 de Agosto de 2013. "Un de Barro polo mundo...40 anos despois", é o título escollido para a charla-coloquio que terá lugar o vindeiro mércores día 28 de Agosto a partires das 21.15 horas no Pazo da Crega, en San Antoniño (Barro) a cargo de Francisco Javier (Chuco) Moldes Fontán.

      Moldes Fontán, é actualmente o Consejero de Educación, Cultura e Deportes na Embaixada de España en Argentina, da que tamén dependen Chile, Uruguay e Paraguay. Anteriormente na súa dilatada carreira profesional e persoal, foi mestre no IES Sanchez Cantón, tamén diplomático en Marrocos, Portugal ou Brasil, alto cargo do Ministerio de Presidencia, ou deputado na III Legislatura no Congreso. Foi nesta última faceta o deputado que propuxo a creación dun programa para desaparecidos en TVE, que a cadena pública materializou con "Quien Sabe Donde", de Paco Lobatón. Como diplomático logrou que en 1997 o español fose lingua oficial de estudio en tódalas escolas de Portugal. Fixo crítica literaria sobre Kakfa, Umberto Eco e de Torrente Ballester do que foi amigo e colaborador. Tamén foi articulista en xornais como El País, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, etc.

      A súa vida sempre xira sobre Barro, a donde sempre se achega cando as súas responsabilidades llo permiten, donde a familia Moldes-Fontán é moi coñecida por ser seu pai, o empresario José Moldes o propietario da "Ferretería Moldes" actual Castroman, seu avó materno Juan Fontán, o propietario do "Cine do Carballal" o primeiro da comarca, ou ser neto do que foi alcalde de Barro, Angel Moldes Castro.

      Con estas referencias, na charla coloquio organizada pola AC Fervenza da Barosa, "Un de Barro polo mundo...40 anos despois", volveremos á historia recente e contemporánea de Barro de mans de Francisco Javier Moldes Fontán, coñecido en Barro como "Chuco de Moldes".

      Ao remate da mesma e por cortesía dos patrocinadores da charla-coloquio, Adega Moraima de Barro, Panadería Pasarín e Panadería Daniel, servirase un albariño Rías Baixas e un pincho aos asistentes. Colabora na actividade o Concello de Barro


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901