lunes, 19 de agosto de 2013

ERMIDA DA ASUNCIÓN - SALVATERRA

ERMIDA DA ASUNCIÓN
O OUTEIRIÑO
PESQUEIRAS
SALVATERRA DO MIÑO


     Entre as parroquias de Lourido, Fornelos, Salvaterra, Corzáns e o río Tea encádrase a parroquia de Pesqueiras.


     No monte castelo, encóntras e enclavada a ermida da Asunción. Nas súas inmediacións recolléronse numerosos restos castrexos. Restos cerámicos, tégulas e ánforas na súa maioría.



     A capela da Asunción está escavada nunha enorme rocha granítica. Acédese ao seu interior mediante un pórtico de pedra con arco de medio punto e torre, datados no século XVIII. Dende este privilexiado enclave divísase unha magnífica panorámica do Val do Tea. 




     No seu interior pódense admirar diversos signos de forma serpentiforme, así como gravados que asemellan ferraduras nunha situación próxima ao altar.



      Segundo a tradición popular reza unha lenda que di: "No teitume da Ermida existe unha cruz, que aínda que se intenta borrar, reaparece sempre de novo".




    A festividade celébrase o día da Ascensión, corenta días despois da Pascua. Ávila y la Cueva fai referencia a un Castelo nas inmediacións do monte dese mesmo nome, do que non se conserva ningún resto.




     No ano 991, o seu territorio foi doado xunto con outras entidades veciñas polo rei Bermudo II a Igrexa de Compostela. No documento real figura co nome de Piscarias.




MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901