jueves, 11 de octubre de 2012

CAPELA DE SAN CAETANO - A GUARDIA


CAPELA DE SAN CAETANO
A GUARDIA 
PONTEVEDRA

     Aínda que o poboamento se remonta ao Paleolítico, o desenvolvemento e significación histórica da Guarda ten como principal protagonista o Monte Santa Trega co castro de Santa Trega como núcleo habitado entre os séculos I a.C. e o I d.C., ata que os seus poboadores se instalan no val. 


     

     Algúns  historiadores consideran A Guarda como a Ostium Mini, a porta do Miño,  o pai Sarmiento busca a súa orixe na palabra gótica ou sueva Varda ou Garda.


     

     Segundo Xoán Domínguez Portela, A Guarda estivo enlazada cos castros doutras localidades galegas era a VíA PER LOCA MARÍTIMA que viña dende Braga cara A Guarda para seguir a Vicus Espacorum (Vigo). No 445 os vándalos invaden Turonium e Gauda (A Guarda); outras invasións que sufriu a vila foron as de Almanzor no 997, que destruiu os pobos dos vales de O Rosal e Miñor  e a dos viquingos de Olaf Haraldson no 1014.

 
     A Guarda pertenceu aos templarios ata que a orde foi proscrita no 1312 e máis tarde por doazón de Pedro de Castilla a Suero Yañez de Parada . Enrique de Trastámara cedeuna ao cabido de Tui. 


     Durante a guerra contra Portugal no século XVII, A Guarda foi invadida por un exército portugués con tropas mercenarias alemás e inglesas que toman o forte de Santa Cruz, e deste xeito o 21 de novembro de 1665, A Guarda queda baixo dominio portugués ata o final da guerra no ano 1668.


     Na Guerra da Independencia, o 10 de Marzo do 1809, a vila guardesa arriou a bandeira francesa  sendo unha das primeiras poboacións galegas en facelo. 



     No século XIX o empeoramento das condicións económicas e sociais propicia que moita da poboación da Guarda emigre cara América, sobre todo a Brasil e Puerto Rico. 


 
     
     A principios do século XX, esa corrente migratoria emprende o regreso reinvirtindo parte do seu traballo no desenvolvemento do pobo non só dende un punto de vista unicamente económico,  senón tamén cultural, social ou comunitario.



 VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901