CAMARIÑAS
No centro da Costa da Morte, a 50 km da Coruña e a 81 Km de Santiago de Compostela, atópase Camariñas, a capital europea do encaixe. Ocupa unha península que pecha polo norte a ría, e que leva o seu nome.
O
municipio de Camariñas é eminentemente costeiro e mariñeiro. Ocupa unha
península con dúas caras completamente distintas: unha que mira cara ó
mar aberto e ofrece a estampa máis abrupta da Costa da Morte, e a outra,
e a que mira cara á ría e é un remanso de tranquilidade.
Camariñas é a vila do faro Vilán, e precisamente foi chamada por un poeta como "Pombiña do Vilán". Nas súas rúas e prazas aínda seguen a traballa-las "palilleiras". Camariñas é moi coñecida polos seus famosos encaixes de palillos.
Camariñas é a vila do faro Vilán, e precisamente foi chamada por un poeta como "Pombiña do Vilán". Nas súas rúas e prazas aínda seguen a traballa-las "palilleiras". Camariñas é moi coñecida polos seus famosos encaixes de palillos.
Definición do encaixe
Denomínase encaixe a un tecido decorativo de fíos finos (metal, seda, liño, algodón, etc.), e que se fabrica con agulla e palillos ou ben a máquina, sen ter outro tecido ou rede independente que lle sirva de apoio.
Dentro desta ampla definición de encaixe podemos dicir que o encaixe de Camariñas é un encaixe de palillos realizado a man entrelazando fíos sobre unha almofada seguindo un debuxo previamente realizado en cartón ou picado.
Dentro desta ampla definición de encaixe podemos dicir que o encaixe de Camariñas é un encaixe de palillos realizado a man entrelazando fíos sobre unha almofada seguindo un debuxo previamente realizado en cartón ou picado.
Dentro dos distintos tipos de encaixe existentes, o de Camariñas considérase de tipo "guipur". Chámase así pola profusión de puntos de guipur (zurcidos) nos seus deseños.
Orixes do encaixe
A
orixe do encaixe podería estar nos entrecruzados das primeiras redes e
mallas que os nosos antepasados comezaron a tecer para a pesca ou a
captura de animais.
Nas
culturas antigas de Oriente apareceron as primeiras representacións de
fíos entrecruzados formando mallas nos vestidos. Ó pobo asirio, con
moita afección ó uso de bordados e outros adornos para teas,
atribúeselle a paternidade da pasamanería, que será logo o comezo do
encaixe. Estas técnicas pasaron ós gregos, sendo despois introducidas en
Venecia durante o Imperio Bizantino. Os árabes tamén contribuíron a
estender estas técnicas na súa expansión cara occidente polo norte de
África, despois do século VII.
Na Península Ibérica sábese que xa o pobo "íbero" realizaba traballos de pasamanería, como quedou demostrado nalgunha das súas esculturas.
A entrada do encaixe propiamente dito na Península realizouse a través de varias vías: coa chegada dos árabes, a partir do século VII; nas relacións comerciais con Oriente ou a través do Camiño de Santiago, vía que contribuíu ó troco cultural da Península co resto de Europa.
A entrada do encaixe propiamente dito na Península realizouse a través de varias vías: coa chegada dos árabes, a partir do século VII; nas relacións comerciais con Oriente ou a través do Camiño de Santiago, vía que contribuíu ó troco cultural da Península co resto de Europa.
A
verdadeira expansión do encaixe polos países do occidente europeo
prodúcese a partir do século XVI, cando se publican varios libros de
patróns, dos que se fixeron edicións en francés, alemán e inglés. No
século XVII, Francia deulle un grande impulso a esta arte coa creación
de varios centros de fabricación en distintas cidades do país, que
decaen despois de estala-la Revolución Francesa, a finais do século
XVIII. En España, a arte do encaixe atinxe grande desenvolvemento
durante o reinado dos Austrias e, posteriormente cos Borbóns.
Introducción do encaixe en Galicia
Para explica-la introducción do encaixe en Galicia, barállanse varias hipótese. Unha é a chegada por mar, na que o encaixe foi traído por algúns dos pobos que se achegaron ás nosas costas polas súas rotas comerciais, como aconteceu cos fenicios, gregos, venecianos ou normandos. Outra explicación é a que o profesor Filgueira Valverde defende: a introducción do encaixe en Galicia foi a través dos emigrantes irlandeses do século XVI. Tampouco se pode nega-la influencia que tivo o Camiño de Santiago na expansión da cultura e as artes.
O encaixe non foi unha artesanía exclusiva da Costa da Morte, senón que se practicou ó longo de toda a costa galega, desde Viveiro ata A Guarda. O feito de que se conservase nesta zona pode ser debido ó illamento ó que estivo sometida, e que permitiu que o sistema de economía tradicional perdurase ata máis tarde. Os cartos que se obtiñan coa venda do encaixe servían de complemento á débil economía das familias campesiñas e mariñeiras.
Palilladas
Pero as palilladas tamén servían como escolas de aprendizaxe. De aí o seu nome de "escolas", para as nenas que se iniciaban no oficio e de centros de diversión e namoro, xa que a elas acudían os mozos solteiros a mocear. Os sábados organizábanse bailes de pandeireta e no entroido recobraban unha grande animación.
Palilleira que palillas
no cordón da almofada,
dime ti, palilleiriña,
a quen tes palabra dada.
O amor da palilleira
non o queiras meu irmán,
porque leva todo o día
sempre sentada no chan.
Eu nacín en Camariñas,
unha vila mariñeira
onde teño os meus amores
cunha nena palilleira.
Hai documentos que afirman que na bisbarra da Costa da Morte xa se facían encaixes a finais do século XV. Pero será nos séculos XVIII e XIX cando o encaixe galego atinxa un grande desenvolvemento, estendéndose pola Península e por países de Sudamérica.
O oficio de palilleira era un dos máis abundantes entre as mulleres galegas. O fío que se utilizaba procedía do liño que aquí se sementaba.
No ano 1921, o importe de todo o encaixe vendido na provincia de A Coruña foi dunhas 3 millóns de pesetas, exportándose a maior parte á illa de Cuba. Dedicábanse a esta labor preto dunhas 20.000 persoas, entre mulleres e nenas. A crise do comercio do encaixe en América, que comeza a finais dos anos vinte, fai que a venda exterior case desapareza, ficando reducida a práctica desta artesanía á bisbarra da Costa da Morte.
A posible comercialización do encaixe a través do porto de Camariñas converte a esta vila no centro encaixeiro desta bisbarra e de Galicia, aínda que os principais exportadores estivesen nas vilas de Ponte do Porto, dentro daquel concello e en Muxía. Despois dunha etapa crítica a práctica desta arte estivo a punto de desaparecer debido á transformación social que se estaba a vivir, á incorporación da muller ó mundo do traballo, á emigración a Europa ou ó pouco valor que se lle daba a este tipo de artesanía.
Nembargantes, nestes últimos anos, comezou un novo rexurdir que abriu un camiño de esperanza para que non desapareza esta tradición que tantos anos se practica nas aldeas e vilas desta bisbarra costeira.
A esta recuperación contribuíu moito a presencia do encaixe en exposicións, mostras ou feiras de artesanía que se realizaron dentro e fóra de Galicia, que levaron a que importantes deseñadores de moda incorporasen este producto ós seus modelos.
A organización na vila de Camariñas, a partir do ano 1991 da Mostra do Encaixe de Palillos,
marcou un novo feito histórico na expansión desta artesanía. Nun dos
seus folletos recollíase desta maneira a finalidade da mostra devandita:
"os obxectivos da feira son a promoción e a
difusión do encaixe, o encontro de tódolos sectores relacionados con
esta artesanía e o cambio de ideas, deseños, materiais, técnicas entre
artesáns españois."
Na actualidade segue a ser esta vila de Camariñas a que concentra a maior parte da actividade do subsector encaixeiro e a pesar de que non hai un censo actualizado , pódense estimar en máis de 3.500 o número de mulleres palilleiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901