A importancia pesqueira e despois industrial de Vigo freou o desenvolvemento dun espacio portuario propio para explota-los recursos que o mar ofrece.
Esto non impide á xente de Redondela de gozar de cheo do mar e das magníficas praias de Cesantes, Arealonga, Meda e Cabana, que se mesturan na costa cos cantís rochosos da Portela, Rande e Chapela.
Redondela comparte co veciño Soutomaior o espacio natural da Peneda, un lugar que invita á práctica do sendeirismo e que ademais agocha un antigo castro, unha preciosa ermida con cruceiro e un miradoiro con vistas sobre a ría, o val de Soutomaior e os vales de Alvedosa e Maceiras.
Ola. Redondela foi dende a baixa idade media unha das vilas marinheiras máis importantes da provincia xunto con Baiona. Recoméndoche que leas na web a páxina " Anecdotario Redondelán de Juan Migueles. Un saúdo.
ResponderEliminar