domingo, 14 de octubre de 2012

BELEN DE VALGA - 2008


BELEN ARTESANAL DE VALGA
2008

     

     O que empezou sendo unha iniciativa sen maiores pretensións converteuse nunha grande atracción. Dende o ano 1995 un grupo de veciños, en colaboración do  concello, tomaron esta empresa como unha parte ineludible das festas navideñas. Desde comezos de setembro, despois das súas horas de traballo, comeza a actividade para a montaxe do Belén dese ano. Planifícase como se van distribuír as máis de 3.000 figuras coas que conta o belén nos douscentos cincuenta m² que ocupa., que novos grupos ou figuras se poden innovar para esa edición, cales se poden mellorar. 

 

 

     

     E a partir de aí comézase a traballar:  técnicos, carpinteiros, costureiras, modelistas,... cada un elaborando a súa parte para que esa nova figura “cobre vida”. Cada ano o belén é  totalmente distinto ao do ano anterior. En setembro desmóntanse todo e a primeiros de decembro montase de novo con distintos decorados e novas incorporacións tanto nos episodios relixiosos como nos páganos  Ás figuras e decorados son feitos con pasta de papel, madeira, tea, vexetais e poucos aderezos mais. Os motores que se usan para dar mobilidade a estas figuras, son os usados nos coches como limpaparabrisas. O traballo e artesán cen por cen.

 

  

     

     No belén recóllense tanto detalles da tradición belenista como da paisaxe e dos costumes propios de Galicia. Xunto as escenas clásicas do pesebre, o Misterio do Nacemento de Xesús, os Magos de Oriente ou a Matanza dos Inocentes, atopamos as tradicións propias da nosa terra: a matanza do porco, a malla do trigo, o ferreiro; e mesmo detalles da nosa pequena historia local: a fábrica do ladrillo, a procesión dos lacóns, ...

 

     

     Un conxunto de arte, historia, tenrura e tradición que ano a ano foi medrando tanto en extensión como en pezas que se moven, polo que hoxe é unha obriga que temos, dado que xa non só os veciños do concello senón de toda Galicia achéganse a Valga para contemplalo 

 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901