miércoles, 17 de octubre de 2012

MUIÑOS EN CAMPAÑO - PONTEVEDRA

MUIÑOS EN CAMPAÑO
CAMPAÑO
PONTEVEDRA

     
     O muiño é unha maquina que utiliza a forza da auga do rio para moe-lo gran, para iso move dúas grandes pedras e no medio o gran, estas grandes pedras son capaces de converti-lo gran en fariña (sexa de centeo, trigo ou millo).

     
     Os muiños de rio presentan dos tipos fundamentais: os de rodicio coa roda motriz horizontal, que son os máis antigos e abundantes e os de bruia coa roda motriz vertical, que son máis recentes e se coñecen co nome de aceas. O muiño destinado o trigo denominsaes muiño albeiro. 

     
     Un muiño de rodicio horizontal consiste no seguinte:
A forza da auga que entra polo rego move o rodicio, o chocar coas penlas, que son as que reciben o impulso da auga, que roza co penedo e a pedra. 


     
     Como o gran de trigo ou centeo ou millo baixa pola muxega remata triturado entre as pedras. 

     
     A zona do muiño onde vai o rodicio chamase inferno, realmente é por onde sale a auga a gran presión e choca coas penlas do rodicio, facendo xirar deste xeito a moa, que realmente é a que tritura.

     
     A peza de atrás é para deixar pasar máis ou menos auga, ou tapar simplemente. O freno levanta máis ou menos a pedra do penedo podendo moer máis fino ou baixandoio de todo impedirlle que xire.




     O tarabelo salta sobre a pedra e fai vibra-la cornizuela para que vaia deixando cai-lo gran. Os muiños teñen mecanismos para detectar cando se termina o gran, incluso tamén para levanta-la pedra para arranxala, cando se pon lisa. 




     O rio recollese nunha presa, logo desviase por un rego ata un tanque por onde a auga penetra con forza no muiño para move-lo rodicio e normalmente ten un quebradoiro para desviar outra vez a auga o rio. 




     Os muiños poden ser comunitarios, neste caso cada veciño dispon dunhas horas prefixadas para usalo- e reciben o nome de muiños de herdeiros. Tamén poden ser de propiedade particular e enton reciben o nome de maquias por chamarse asi a cantidade de gran que cobran por moer (a maquia era sobre una libra - 600 grs por cada once kilos- e onde se alquilaban a cambio de fariña).


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901