IGREXA DE SAN MARTÍN DE SABADELLE
SABADELLE
PEREIRO DE AGUIAR
Iglesia de San Martín de Sabadelle
É unha igrexa de planta románica, datada entre finais do século XII e principios do XIII aínda que sufriu reformas posteriores coas que se perderon elementos desta primeira construción como a ábsida.
Foi nunha desas remodelacións cando se lle engadiu en pártea sur a sancristía e a capela da nosa Señora dos Dolores, con espadana e entrada propia.
A súa portada principal é románica con arco de medio punto e dobre arquivolta apoiado en dúas columnas a cada lado da entrada.
O tímpano non presenta decoración.
Posúe espadana con dous corpos do século XIX; o inferior ten dous arcos de medio punto onde se atopan as campás; o segundo presenta un só arco cunha campá máis pequena e coroado por unha cruz latina sobre pedestal.
De especial interese é o singular artesonado que cobre parcialmente o teito, con tracerías de estilo mudéxar.
Ademais disto, ten un sepulcro no muro do Evanxeo, e o púlpito, aínda que é moderno, sostense sobre unha columna de estilo románico.
MAPA
Fuente: Concello de Pereiro de Aguiar
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901