jueves, 7 de agosto de 2025

IGREXA DE SAN SALVADOR - VILANOVA DOS INFANTES - CELANOVA

 IGREXA DE SAN SALVADOR

VILANOVA DOS INFANTES

CELANOVA

Vilanova dos Infantes
      San Salvador de Vilanova dos Infantes é unha das 19 parroquias do concello ourensán de Celanova. 

      En 2017, tiña 222 habitantes.

Historia
      A historia da vila está ligada á Torre de Vilanova dos Infantes, construída no século X e destruída na Gran Guerra Irmandiña. A comezos do século XIX foi restaurada a torre da homenaxe para acoller a casa consistorial do concello de Vilanova dos Infantes, integrado no de Celanova en 1927.

     A torre de Vilanova dos Infantes está situada nunha vila de estrutura medieval, onde destaca esta torre de dezanove metros de altura. Trátase do último vestixio do que foi un gran castelo construído sobre un posible asentamento castrexo. O castelo, pertencente ao mosteiro de Celanova, igual que a vila, foi unha das grandes fortalezas de Galicia e xogou un papel importante nas loitas medievais cos irmandiños e portugueses.

     Ademais do castelo e a muralla, os accesos históricos ao núcleo terán moita importancia, tanto para a estrutura interna como as súas expansións. Os primeiros propietarios foron os monxes de Celanova, posteriormente pasou ás mans de Fernando Castro ata o ano 1369, momento no que o rei, Henrique II, obriga a ceder este ben a Xoán Rodríguez de Biedma e aos seus herdeiros, que eran os condes de Monterrei, así como a participar nos preitos cos Lemos. Posteriormente, o castelo foi derrubado na gran guerra irmandiña en 1467; o castelo e a torre foron danados e reconstruídos posteriormente.

     Vilanova dos Infantes ten un papel importante nas guerras fronteirizas do século XVI e durante o século XVII. É neste último século cando se construíu a igrexa parroquial de San Salvador, fóra do recinto defensivo. Máis tarde e afastado do burgo construíuse o Santuario da Nosa Señora do Cristal.

     Nos séculos XIX e XX Vilanova mantivo unha certa funcionalidade como núcleo urbano respecto ao ámbito territorial dependente. As actividades da poboación non só será a agricultura senón os distintos labores artesáns como a fabricación de calzado. Todas elas sustentarán a vila de Vilanova, tanto nas prazas da vila como na feira mensual que se celebraba na paraxe do Cristal.

      En 1837 Vilanova dos Infantes constituíuse como Concello, estrutura administrativa mantida ata a anexión con Celanova en 1927. A casa consistorial tivo a súa sede na torre da homenaxe, rehabilitándose ao efecto e dotándoa dunha escaleira exterior de acceso, o que reforzou a vixencia do asentamento como lugar central respecto ao medio rural.  

     Actualmente a Fundación Terra de Celanova mantén aquí unha exposición permanente sobre o xacemento arqueolóxico de Castromao e a Idade Media, ofrecendo información oral e escrita, así como visitas guiadas con persoal especializado.

      Na parroquia está o castro de Castromao, un poboado castrexo, habitado até o século III e abandonado entón para construír a nova vila. En documentos do ano 927 a vila aparece relacionada con Rosendo de Celanova. No ano 940 a súa nai, Aldara de Celanova, fundou o convento de Santa María de Vilanova dos Infantes, sendo abadesa a súa filla Adosinda. O lugar pasou a ser coñecido como Vilanova das Infantas. O convento foi reconstruído entre 1215 e 1225, e formou parte da orde de San Bieito até o seu abandono en 1880. Até a década de 1940 conserváronse elementos arquitectónicos como capiteis, restos de arcos ou bases de columnas.

      A comezos do século XXI leváronse a cabo obras de restauración no poboado medieval. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901