MUIÑO DE ZOBRA
REGO DO ZOBRA
ZOBRA
LALÍN
Zobra
Espectáculo natural. Xoia do concello de Lalín. Apartada. Case esquecida. Galicia profunda e máxica. Non me canso de visitala.
Paraíso para o senderismo. Múltiples rutas parten e chegan a este lugar. Rodeada dos montes do Testeiro.
Entre o couto de Zobra, o alto da Rabexa, San Bieito do Candán e o Testeiro. Alí está Zobra esperando que a vaiamos descubrir unha e outra vez, e sempre sorprende.
Torrentes de auga pura, bosques de carballos novos e acivros, pradeiras verde intenso. Terra escura cando as nubes esconden ao astro rei, e luminosa e radiante cando raia o sol.
Zobra é tamén centro parroquial. Outros lugares destacados dos arredores son Trigueira, Portomartín, Ameixedo, Chedas, As Liñeiras, Moa. Os roteiros que comunican estas aldeas están cheos de pura beleza natural e paisaxística, botánica e etnográfica.
Serra do Candán
No corazón da provincia de Pontevedra agáchase un dos recantos paisaxísticos máis fermosos de Galicia. A Serra do Candán, liña natural entre os concellos de Silleda, Lalín e Forcarei, é lugar de visita obrigada para os amantes da natureza no seu estado máis puro.
As paisaxes que compoñen os arredores da Serra do Candán crávanse para sempre na retina do que os visita. Presidindo a Comarca de Terra de Montes e O Deza érguese esta cadea montañosa que baixo a súa rexa aparencia protexe ó concello que a acolle: o de Lalín.
Territorio de riqueza ecolóxica e de fértiles terras gracias sobre todo á magnanimidade do río que a atravesan. Son múltiples os camiños polos que paga a pena perderse para chegar a descubrir recunchos fascinantes.
Agora súmase a todos eles o trazado dunha nova ruta verde que quere levar a cabo a Xunta de Galicia. Gracias a ela o camiñante poderá coñecer marabillosos lugares de a Serra do Candán.
Pero antes de que se leve a cabo esta iniciativa, o visitante debe saber que son varias as rutas que o conducen a través destas paraxes.
Esta ruta esténdese ó longo de quilómetros transcorrendo por lugares cheos de encanto que en estes días de outono son unhas paraxes, especialmente belas nesta época do ano.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901