miércoles, 18 de diciembre de 2013

MUIÑO DE GADAMIL - OROZO

MUIÑO DE GADAMIL
SAN TOMÉ VILARROMARIZ
OROSO
A CORUÑA


     O concello de Oroso encóntrase no camiño da Coruña a Santiago. A estrada N-550 atravesa o termo de norte a sur. A capital municipal, Sigüeiro, encóntrase a 49 Km. da Coruña e a 11 de Santiago de Compostela.



     A autoestrada A-9 ten en Sigüeiro un servizo de entrada e saída só en dirección A Coruña. A liña de ferrocarril das dúas mencionadas cidades, ten próximo de Sigüeiro o apeadeiro de Oroso e a estación de Garga Trasmonte. Ademais da estrada citada sae outra de Sigüeiro a Frades polas parroquias de Gándara, Vilaromarís e Calvente. Nela nacen varios ramais que enlazan as outras parroquias e lugares do municipio. Os límites de Oroso son o municipio de Santiago e O Pino polo sur, Trazo polo oeste, Tordoia e Ordes polo norte e Frades polo leste.
 

     O municipio de Oroso esténdese sobre unha superficie de 72,23 km2, ofercendo unha paisaxe rural sen apenas contrastes xeográficos.



     O monte Costa, de 329 metros, na parroquia de Trasmonte, e o Petón (375 metros), na de Senra, ambos o norte do municipio e no límite co de Ordes, son as máximas cotas que alcanza o relieve de Oroso. 

 

     A partir delas o perfil orográfico, lixeiramente ondulado e sen fortes contrastes, vai descendendo ata as beiras do Tambre, que lle serve de límite polo sur. Na esquina suroeste, pouco despois de pasar baixo a ponte de Sigüeiro, o Lengüelle únese o Tambre. 


     Os demais rios, como o Carboeiro, o Samo ou o Maruzo, baixan en dirección norte-sur, formando variados e armoniosos vales.


     O Municipio de Oroso engloba un total de 11 parroquias: Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte, e Vilarromarís. 




     O concello de Oroso está constituído por un total de 11 parroquias: 
     Oroso (San Martiño), Trasmonte (Santo Estevo), Deixebre (Santa María), A Gándara (San Miguel), Cardama (Santa María), Senra (Santa Eulalia), Vilarromariz (San Tomé), Os Ánxeles (San Mamede), Marzoa (San Martiño), Calvente (San Xoán) e Pasarelos (San Román).
 

Muiños
     Polos regos e ríos do Concello hai dispersos un bo número de muíños, algúns deles aínda en funcionamento. A destacar os seguintes:
    Muiño da Grela (Marzoa)
    Muiño do Trillo (Gándara)
    Muiño de Vigo ou do Rego Tellado (Costa - Trasmonte)
    Muiño da Ribeira (Trasmonte)
    Conxunto etnográfico dos muiños de Senra e de Cardama 

    Maquía da Ponte Marzoa (Marzoa)

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901