viernes, 27 de diciembre de 2013

MUIÑOS DE TAXEITOS - DODRO

MUIÑOS DE TAXEITO
TAXEITO
DODRO
A CORUÑA


     O concello de Dodro sitúase a uns 20 quilómetros de Santiago de Compostela, no sur da provincia da Coruña.



     Situado na vertente dereita do río Ulla, limita ó co concello de Rois, ó leste co de Padrón e ó oeste cos municipios de Lousame e Rianxo.



     Non hai núcleos poboacionais importantes, á beira da estrada C-550 atópase a maioría das casas. Ten a capitalidade do concello en Tallós onde se sitúa a casa consistorial que data do ano 1906.




     Este municipio pertence, xunto con Padrón e Rois, á comarca do Sar aínda que pola súa localización está moi vinculada á veciña comarca do Barbanza.



     As vinte e seis aldeas que configuran este concello distribúense en 3 parroquias: San Xoán de Laíño, Laíño e Dodro.



     Ocupando os 36,08 quilómetros cadrados de superficie que ten o concello e albergando os 3.234 habitantes deste concello. A parroquia máis poboada é Santa María de Dodro con 1.286 veciños distribuídos en 7,20 quilómetros cadrados, seguida de San Xoán de Laíño con 1.159 nunha superficie de 17,18 quilómetros cadrados e, por último, San Xián de Laíño con 789 habitantes en 11,70 quilómetros cadrados. Este é un concello rural, sen unha vila na capital.




     Os monumentos máis importantes do concello de Dodro son as mámoas da Paradegua, catro mámoas de difícil acceso; os petróglifos de Bouza Abadín, que non se atopan nunhas condicións óptimas; os castros que se estenden por todo o concello; os cruceiros, entre os que destacan os da Cruz do Abelán, de capela ou loreto datado no século XVII, sendo polo tanto o máis antigo de Galicia, e o de Bustelo, do século XIX e cun antigo uso funerario; as igrexas parroquiais, Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e Xoán de Laíño, as de Santa María e Xoán do século XVIII e a de S. Xián do XVI, de boa construción barroca.



     Entre os pazos, destacan o pazo de Tarrío, do que saíu o ministro de facenda de 1822 Luís López Ballesteros; o pazo de Lestrobe, antiga residencia de verán dos bispos e canónigos composteláns; o pazo da Hermida, residencia de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, escenario da sinatura do pacto de Lestrobe (26 de marzo de 1930), todos eles pazos actualmente en perfectas condicións. 




     O pazo dos Bendaña está derruído, atopándose os seus principais motivos ornamentais e a súa torre no Pazo de Meirás, en Sada.



     Tamén hai que engadir a capela de Mauro de Bexo do século XVI e a da Virxe do Leite, tamén moi antiga. Hai interesantes cruceiros en diversos lugares, algúns con capeliña no fuste.

 
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901