A BARCA DE PEDRA
DE
SAN MAURO
LENDA
RIO PEDRAS
A POBRA DO CARAMIÑAL
No cauce do río Barbanza, na parroquia de San Isidro de Posmarcos, concello de A Pobra do Caramiñal (A Coruña), a escasos metros da confluencia deste río co chamado Río das Pedras, e enfronte das ruínas do que foi mosteiro da San Xoán da Misarela, pódese ver varada unha barca de pedra granítica duns cinco metros de eslora.
Di a lenda que esta é a barca na que chegou a aquel lugar San Mauro, o fundador do eremitorio da Misarela. Mentres o santo remontaba o río perseguíano os mouros, e a providencia dispuxo encher o río de grandes pedras (de aí lle nacería o nome ó río das Pedras) para protexelo dos seus perseguidores.
Estes mouros míticos tiñan nese lugar un pozo sen fondo do que por veces, ata que os tronos o cegaron, saían encantos.
En Galicia hai máis lendas de barcos de pedra, coma a da Virxe da Barca de Muxía, a de San Andrés de Teixido e a da barca de pedra de Santiago en Padrón.
Este tipo de relatos son moi comúns nas terras de Irlanda e na beira atlántica, e deberon ser achegadas ata Galicia por relixiosos bretóns que se instalaron e fundaron igrexas nas proximidades das costas galegas.
Iglesia se Posmarcos
Rio Pedra
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901