CRUCEIRO DA SANTIÑA
SEIRA
ROIS
A CORUÑA
En poucos anos trocáronse os máis dos edificios relixiosos, igrexas e santuarios, por outros novos. Así, coma noutros lados, en Rois substituíronse os templos románicos por outros barrocos, máis espaciosos pero, a veces, de menor valor artístico. Capelas e cruceiros son a maioría desta época.
Como concello tal como o entendemos agora, Rois nace no século IXX. Efectivamente, o 15 de xuño de 1836 a Deputación Provincial publicaba a relación definitiva dos concellos da provincia, figurando ademais das parroquias o número de veciños. En tal publicación Rois aparece coas doce parroquias actuais e cunha poboación de 5.673 habitantes.
Ademáis das manifestacións artísticas de carácter relixioso que se veñen relatando, Rois é destaca polo elevado número de cruceiros. Entre cruces, cruceiros de varal e cruceiros de capela, hai máis de 130.
Os máis antigos son os de capela, dos que algúns datan da segunda metade do século XVI. Os demáis van desde o XVII ata os nosos días. Como conxunto sobresae o Via Crucis de Sorribas, de 1.698.
No Concello de Rois hai dous grandes pazos, coñecidos por todos cantos se adican ao estudo destas mansións: o de Faramello e o de Antequeira. Seguen en importancia o de Angueira de Castro e a casa do Mato en Peracova (Buxán).
Remátan as manifestacións artísticas do concello de Rois unha serie de fontes, horreos, pombais que, como en outros moitos lugares de Galicia, conforman un conxunto de construcións artísticas, de utilidade, a veces curiosas e sempre interesantes.
Para mellor coñecer e sentir estas terras cómpre percorrelas devagar. Dúas opcións se lle abren ao visitante: a través das rutas acondicionadas polo concello ou elaborar el mesmo o seu propio percorrido de acordo cos seus intereses paisaxísticos, arquitectónicos, culturais.... Iso si, sempre deixándose levar polo ritmo paseniño que marcan os regatos, as fontes, as xentes... nun paraíso plenamente natural.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901