domingo, 21 de julio de 2024

SANTUARIO DE AS MARAVILLAS - AS MARAVILLAS - CARTELLE

 SANTUARIO DE AS MARAVILLAS

AS MARAVILLAS

CARTELLE

 Santuario de As Maravillas
      Sinxela igrexa de estilo barroco. Construída en cantaría de granito, na fachada principal apenas ten decoración a non ser unhas pilastras acaroadas e un frontón situado sobre a porta no que se encontra a imaxe da Virxe das Maravillas dentro dunha fornela.

      Dentro da sinxeleza que a caracteriza e que se pon de manifesto tamén no interior no que se pode destacar o retablo maior no que se encontra a imaxe da Virxe vestida como unha dama.

       A fachada está coroada por unha grande e airosa torre de dous corpos na que se sitúa o campanario e pináculos laterais. Na torre gran balconada de ferro, no primeiro dos tramos, no que ten as campás, no segundo tambor e cupulín coroado por cruz de ferro. A planta é de cruz latina e presenta un cimborrio con unha lanterna sobre o cruceiro.

      O santuario actual data do século XIX e nas proximidades tense atopado restos arqueolóxicos que poderían ser un posible campamento romano.

      Constrúese a primeira ermida entre os años 1646 e 1651. A actual comezase a construír en 1813. Esta construción e semellante a do San Bieito en Allariz.

      A romaría que se celebra data de 1646 e trátase de un dos principais actos marianos da provincia de Ourense.

      Nas inmediacións encontrase unha cruz ata onde chega a procesión con a imaxe da Virxe.

As Maravillas
     Nosa Señora das Maravillas é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 346 habitantes, dos cales 164 eran homes e 182 mulleres.

Procesión
     Durante a festividade da Virxe das Maravillas, coincidente co día previo a Pentecoste, realízase unha procesión na honra da devandita virxe. Esta procesión podería ter orixe no ano 1646 e conmemora a suposta aparición (tres veces) da virxe no lugar.

       A imaxe da virxe vai acompañada de arcos florais e ramos enfeitados con bólas e papeis de cores vivas.

      Esta procesión garda bastantes paralelismos coa procesión dos pendóns de Santa Mariña de Augas Santas.


Patrimonio
     O santuario actual data do século XVIII e nas proximidades atopáronse restos arqueolóxicos que poderían ser dun campamento romano.

Lugares das Maravillas
Augalevada, Aúlfe, Muntián, O Vieiro

 VIDEO

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901