martes, 23 de julio de 2024

CRUCEIRO PETO DAS NEVES - OUROLO - TARAGOÑA - RIANXO

 CRUCEIRO PETO DAS NEVES

OUROLO

TARAGOÑA

RIANXO

      Cruceiro de granito situado nun cruce de camiños rurais, baixo a estrada principal, da tipoloxía de capeliña.

       Plataforma enterrada, o varal ten sección cadrada coas arestas rematadas en chafrán. 

     Na súa parte inferior hai gravadas varias cruces e tamén un cáliz.

A capela nace sobre unha base troncopiramidal na que aparece o relevo dun anxo con ás nas catro caras. Posúe unha cuberta a catro augas e o teitume plano.

No seu interior podemos ver a imaxe da Nosa Señora das Neves co Neno collido polo brazo esquerdo.

       No brazo dereito colle unha bola. O conxunto remata nunha cruz, de sección cadrada con remates nos vértices, na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado (ao que lle falta a cara) no anverso e a Virxe das Angustias co seu fillo no colo no reverso.

      Non se sabe como é o nacente do cruceiro debido a que se atopa cuberto de terra.

       Durante varios séculos tivo un farol, hoxe desaparecido. Pode situarse na primeira metade do século XVII. 

        Cando o debuxou Castelao a imaxe estaba virada para un lado, o que indica que nesta época aínda as mulleres practicaban o vello costume de colocala cara a onde conviñese, segundo a dirección que trouxese ou levase a embarcación onde ía o marido, o mozo, os irmáns...

       Segundo os que viven a carón, cando se asfaltou o camiño (non hai aínda moitos anos), unha máquina petou contra el, mais non chegou derrubalo.

MAPA 

 

 Fuente: Web obaixoulla.com

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901