lunes, 23 de diciembre de 2019

ANTIGUA CENTRAL ELÉCTRICA DE O ÉZARO - RÍO XALLAS

ANTIGUA CENTRAL ELÉCTRICA
O ÉZARO
RÍO XALLAS


O Ézaro: a cascada do Río Xallas e a electricidade
     O Ézaro, pequena localidade mariñeera, é famosa pola Cascada do río Xallas, a "Fervenza do Ézaro", do que se di que é o único río de Europa que desemboca nunha cascada 


      O desnivel no último tramo do río é de 155 metros, e a altura da cascada é de 40 metros. 


     Pódese acceder fácilmente ata a contorna e ata o pé da cascada, e organízanse percorridos en kayak para vela dende a auga.


     Este enclave está tamén vinculado á produción de enerxía eléctrica, para chegar polo camiño habilitado ata a caída do auga atravésase unha central hidroeléctrica, en funcionamento, onde está instalado un Centro de Interpretación da Electricidade, aproveitando as instalacións da antiga central eléctrica do Pindo.


     Nas proximidades atópase o Mirador do Ézaro, que foi final da Volta Ciclista a España en 2012, e desde o cal pódese contemplar, desde as alturas, o conxunto de Ézaro e o próximo Monte Pindo.


Acceso
     Acédese ao conxunto desde a ponte sobre a desembocadura do río, no lado sur da poboación, a través dun desvío sinalizado. Tamén se pode acceder desde alí á estrada de subida ao Mirador, en bo estado pero cunha pendente moi acusada, que chega nalgúns tramos a superar o 16%.


Máis Información
     Máis información sobre os centros de interpretación gestionados por Neria en www.neria.es


Río Xallas
     O río Xallas pertence á vertente atlántica galega. Nace preto dos montes do Castelo (Santa Comba), discorre polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña e Zas, e forma o límite entre Mazaricos, Carnota e Dumbría. 


     Finalmente, desemboca na enseada de Ézaro, formando unha fervenza rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo. 


     As augas céibanse os domingos do verán ao mediodía e dende 2006, os sábados á noite, con espectáculo de luces.


Descrición
     Algúns dos seus afluentes son: O Bazar, Castiñeira, A Regueira, Mira, Esternande, Ancha, Dornas, Guisande ou Vilar García.


     O caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos encoros que nel se teñen construído. En 1897, a Sociedade Española de Carburos Metálicos, hoxe parte do grupo FerroAtlántica, asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. 


     O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do século XX. En Ponte Olveira hai outra central. Máis abaixo, da presa de Brazal parten as canalizacións cara a Ézaro; máis abaixo, atópase o encoro de Santa Uxía, construído na década dos anos 80. 


     Na súa desembocadura están situadas tres centrais hidroeléctricas: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.


Aforamentos
     Augas de Galicia dispón de 2 estacións para medida de aforamentos. As devanditas estacións, denominadas Xallas 1 (n.º 512) e Xallas 2 (n.º 514), sitúanse na ponte de Truebe, no municipio de Santa Comba, e na ponte Olveira, no municipio de Mazaricos, respectivamente. Entre ámbalas dúas estacións atópase o encoro de Fervenza.


       Segundo datos publicados por Augas de Galicia, no ano hidrolóxico 2009-2010, o caudal medio diario oscilou entre 0,48 e 96,81 m³/s, en Xallas 1, e entre 4,11 e 188,34 m³/s, en Xallas 2.


Encoro
     Na canle do río existen catro encoros, que, segundo o seu curso, son Fervenza, ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía. Todos eles teñen aproveitamento hidroeléctrico e para usos industriais, e o de Santa Uxía para abastecemento urbano.


      En 1897, a Sociedade Española de Carburos Metálicos, hoxe parte do grupo Ferroatlántica, asentouse na zona e de entón datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década de 1960. 


     En ponte Olveira hai outra central. Máis abaixo, da presa de Brazal parten as canalizacións cara á ría de Ézaro; máis abaixo, encóntrase o encoro de Santa Uxía, construído na década de 1980. 


     O Xallas atravesa o Monte Pindo e precipítase nunha caída practicamente libre coñecida coma fervenza do Ézaro, de algo máis de 100 metros, á ría de Corcubión fronte ao cabo Fisterra no océano Atlántico. Na súa desembocadura están situadas tres centrais hidroeléctricas: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.


     A construción do encoro de Fervenza supuxo, segundo o informe Concas Internas de Galicia Costa de Greenpeace España, un punto negro por destrución da paisaxe ao manter seca a fervenza de Ézaro. 


     Segundo o devandito informe, a central non respecta sequera o caudal ecolóxico considerado no Plan Hidrolóxico de Galicia Costa e dende 2000, a fervenza só se pode observar os domingos de 12:00 a 13:30, grazas aos grupos locais que piden a demolición do encoro.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901