SALTO DA CALZADA
PASEO DA CALZADA
RÍO VERDUGO
PONTE CALDELAS
O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuia desembocadura sitúase no fondo da ría de Vigo.
Percorrido
O Verdugo nace a 760 m de altura no monte do Outeiro Grande, na aldea de Cernadelos (Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei).
No seu primeiro tramo baixa encaixado atravesando os concellos de Beariz, A Lama e Ponte Caldelas, facendo un val máis amplo na súa entrada en Soutomaior.
No seu último tramo serve de fronteira entre Soutomaior e Pontevedra, desembocando entre Arcade e Ponte Sampaio.
No concello de Ponte Caldelas atravesa os pasos da Fraga, onde se conservan varios muíños e un peto de ánimas. Despois de formar a praia fluvial da Calzada, na vila de Ponte Caldelas hai un paseo fluvial, a carón do antigo balneario, onde hai un monumento ao pescador.
Características
O seu afluente principal é o río Oitavén, que se lle une pola esquerda, en Ponte da Barca, e que desenvolve un percurso de lonxitude similar á do Verdugo, desde o seu nacemento até a confluencia (32 km).
De modo que ás veces se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común é de 7 km), e máis se ten en conta que o caudal do Oitavén é superior.
Outros dos seus afluentes son o Calvelle e o Barbeira.
O tamaño total da conca é de 357 km² (177,7 km² corresponden á bacía do Oitavén).
O caudal absoluto do Verdugo na desembocadura é de 17 m³/s (o do Oitavén, antes da confluencia, atinxe os 10,5 m³/s).
O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm. anuais.
Aproveitamento
No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, localizados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.
O río Verdugo ten sona pola pesca da troita.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEijJOnT524y1OMHf8vtO6jbosacNhEO4_iLPZoF2B_i2ojirvph7IxIqO49Pu57BnER_ofv_n-jvYdMR7sEWjz03o2VAyEhBzR7-GaVdHSB83BPeRWuvNi_fCWWrWWbk-dFN4ZF2H0XW3U/s640/80186026_2719946658028671_8881352538259980288_o.jpg)
O último domingo de maio celébrase en Ponte Caldelas a festa da troita e o concurso internacional de pesca de salmónidos.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901