jueves, 12 de diciembre de 2019

CRUCEIRO DO CENTRO GALEGO - PRAZA JACINTO BENAVENTE - MADRID

CRUCEIRO DO CENTRO GALEGO
PRAZA JACINTO BENAVENTE
MADRID


     O Centro Galego de Madrid unha das entidades civís de vida continuada máis dilatada da cidade (1892) sucesora da Cofradía de Naturais e Orixinarios de Galicia (1741), asociación tan querida e presente entre nós, regaloulle á cidade en 1982 un Cruceiro, "pola seu gratitud histórica e centenaria", que foi situado fronte á entidade na Praza de Jacinto Benavente.


     Este fito de pedra cunha imaxe do Apóstolo, un Crucificado e aos seus pés a Nai co seu Fillo, que tanto recordan a esa terra, é o punto de inicio popular do Camiño de Santiago que parte de Madrid, aínda que o punto oficial sexa a Igrexa de Santiago a escasos 150 metros do Palacio Real.


    Os galegos eminentes que viven en Madrid sempre formaron parte desta asociación. 


E aquí unha pequena lista dos primitivos socios que encabezarían:
     Augusto Gonzalez Besada, Ministro de Facenda.
     Emilia Pardo Bazán, eminente escritora.
     Basilio Álvarez, xornalista e deputado.
      Ramón Suarez, escritor e deputado.



    A eles poderiamos engadir un sinfín ata os nosos días, que agora sentirán un pouco de "morriña" cando pasen ante o cruceiro na popular praza, camiño á Porta do Sol.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Escrito por: Antonio Caballos Garcia
Publicado en: www.berenguela.com
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901