viernes, 17 de noviembre de 2023

IGREXA DE SANTA MARÍA DE BAAMORTO - BAAMORTO - MONFORTE DE LEMOS

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE BAAMORTO

BAAMORTO

MONFORTE DE LEMOS

 Igrexa de Santa María de Baamorto
     Está situada no núcleo das Devesas fronte á Casa Priorado. 

     O templo, reformado nos séculos XVII e XVIII, conserva algúns restos románicos: canzorros e estribos da capela maior, porta sur con mochetas e arco interior e algunha seteira de arquiño.

     A porta principal situada ao oeste é de medio punto con moldura barroca. Na fachada principal presenta tamén un reloxo e campanario de dous vans. A nave rectangular está cuberta a dúas augas de madeira resolta en tella.

     Destaca o soportal que rodea a igrexa nas fachadas oeste e sur. Na fachada sur tamén se atopan interesantes pinturas murais que a cobren en toda a súa extensión.

     O retablo maior é neoclásico e conta con esculturas da Asunción e dous anxos. Os outros dous retablos situados na capela maior son tamén neoclásicos.

Baamorto
       Santa María de Baamorto é unha parroquia do concello de Monforte de Lemos na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. 

      No ano 2007 tiña 66 habitantes, deles 30 eran homes e 36 eran mulleres.

     Limita coas parroquias de Fiolleda ao norte, O Chao do Fabeiro ao leste, Seoane ao sur e Tor ao oeste.

Lugares de Baamorto
     O Agriño, Casares, A Chavarega, Cinsa, As Devesas, A Lama, Pallares, Pereiras, Pol, Portobrea, Reboredo, A Ribela

Comarca de Terra de Lemos
      Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

     A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

      Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

       A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901