viernes, 9 de noviembre de 2018

PETROGLIFO PEDRA DA GRADA - SAN MARTIÑO - ARCOS DA CONDESA - CALDAS DE REIS

PEROGLIFO PEDRA DA GRADA
SAN MARTIÑO
ARCOS DA CONDESA
CALDAS DE REIS


     Este petroglifo está situado nun penedo duns 2 m. de altura e que resalta da contorna do terreo no que se atopa, caracterizado polas poucas elevacións. 



     Foi utilizado no medievo como marco divisorio das parroquias de Briallos en Portas, Arcos da Condesa en Caldas de Reis e Saiáns en Moraña. Na actualidade divide os concellos de Caldas, Portas, e Moraña. 



     A pedra está fracturada en dúas partes en case a súa totalidade e estivo a punto de ser usada para a fabricación de postes de pedra. Pero esta actuación foi evitada pola Garda Civil pois a pedra tiña o valor legal de marco de termo de concellos. 


     De feito un deslinde realizado por don Jesús Vila entre o 1889 e 1890 recolle o seguinte: “Aberto cara Arcos ata dar na pedra chamada da Grada ou dos Tres Curas que dista cincocentos catro metros da anterior, e que se chama quizais así por ser un punto divisorio do que irradian os tres concellos de Caldas cara o norte, Portas contra o sur, e Moraña contra o leste. Por conseguinte, aquí dáse por terminada a divisoria”.


     Conserva un motivo de grandes dimensións situado na metade sur do penedo, na zona central dun panel case vertical orientado ó suroeste e dificil de apreciar debido a cercanía de eucaliptos que impiden a entrada de luz.



     Ten unhas dimensións xerais de 1,75 m. de alto por 1,02 m. de anchura na súa base. Tal vez o seu parecido coa tradicional ferramenta agrícola da grade explique o nome da laxe que, á súa vez, dá nome á paraxe na que se localiza.



     Segundo información do Colectivo A Rula: O gravado da Pedra da Grada entronca claramente co grupo iconográfico de “Peña Tú”, en Puertas de Vidiago no concello de Llanes en Asturias. Fundamentalmente pola súa forma rectangular segmentada en oito franxas horizontais e remate absidal bastante pronunciado. Porén, tamén presenta características propias como a substitución deses trazos, que representan esquematicamente un rostro en Peña Tú, por catro arquiños en liña, de 12 cm de alto por 11 cm de ancho cada un, apoiados sobre a primeira banda rectangular interna.



     Cabe salientar tamén o gran tamaño do ídolo, o máis grande dos localizados ata o momento en terras galegas e, probablemente, un dos máis grandes de todos os coñecidos na actualidade. 


     A figura vai estreitándose pouco a pouco dende a base (máis ancha) ata o extremo superior rematado nesa característica ábsida. 


     Presenta un dobre suco no bordo exterior da figura (outra das características comúns nesta tipoloxía) pero tamén nas diferentes bandas rectangulares do interior, agás na superior. Esta dobre liña continuada que define o contorno da silueta e contorno interior das diferentes bandas mantén sempre unha equidistancia entre ambas liñas.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: http://patrimoniogalego.net
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901