martes, 13 de diciembre de 2022

ESTACIÓN DE TREN DE CATOIRA - CATOIRA

 ESTACIÓN DE TREN DE CATOIRA

CATOIRA

 Estación de Catoira
     Catoira é unha estación de Adif situada na vila de Catoira, na provincia de Pontevedra. 

     Ten varios servizos Rexionais diarios operados por Renfe Media Distancia.

Situación ferroviaria
     Atópase no punto quilométrico 59,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Vilagarcía de Arousa coa Bifurcación de Angueira, que historicamente formou parte da liña de Redondela a Santiago de Compostela; a 6 metros de altitude, entre as estacións de Vilagarcía de Arousa e Pontecesures.

Historia
     A chegada do ferrocarril a Catoira vai unida á primeira liña férrea posta en funcionamento en Galicia que unía Santiago con Carril e que se prolongaría pouco despois ata Pontevedra. 

     Inaugurouse a estación o 15 de setembro de 1873 por parte da The West Galicia Railway Company empresa británica que lograra a concesión da liña en 1866 tras comprar a compañía do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel.

      En 1928, MZOV absorbeu a compañía inglesa para ser á súa vez absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste un ano despois. 

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España integrou todas as compañías existente na recentemente creada Renfe.

      Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901