CALLEJEANDO
EN
PUEBLA DE SANABRIA
PUEBLA DE SANABRIA
Puebla de Sanabria
Puebla de Sanabria é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, capital da comarca de Seabra.Esténdese por unha área de 81 km² onde no ano 2017 vivían 1.432 habitantes.
Encóntrase a 111 km da capital, Zamora. As localidades que forman o concello de Pobra de Seabra son: A Pobra de Seabra, Robledo (El Robréu en leonés), Ungilde (Unxilde) e Castellanos.
Historia
Seabra aparece documentada desde o século VII como parroquia sueva e ceca visigoda baixo o nome de "Senapria".
No século X a "Urbs Senabrie" é citada como referente territorial nos primeiros diplomas do mosteiro de San Martín de Castañeda.
A consolidación deste núcleo urbano como cabeza de toda a comarca xabresa debeu producirse a partir do reinado de Afonso VII, posteriormente Afonso VIII fomentou o seu desenvolvemento mediante o outorgamento dunha carta poboa o 1 de setembro de 1220, inspirada no Foro de Benavente.
O texto de devandito foro é coñecido a través dun privilexio de Afonso X (Sevilla, 19 de maio de 1263) polo que confirma e modifica parcialmente a carta foral de Afonso VIII.
Durante o século XVII sufriu a Guerra de Separación de Portugal ao estar situada en plena fronte de batalla.
De igual xeito, durante a Guerra de Sucesión ocorrida en España entre os partidarios de Filipe de Anjou e o Arquiduque Carlos, a vila foi ocupada por tropas portuguesas, sendo recuperada pola Monarquía Hispánica o 24 de decembro de 1715, consonte o previsto na Paz de Utrecht.
O 27 de xuño de 1931, cando se proclamou a Primeira República Galega, na Puebla de Sanabria realizouse unha manifestación na cal se izou a bandeira galega e se exhibiu un cartel que puña: «Queremos anexarnos a Galicia».
Patrimonio artístico
Castelo dos Condes de Benavente
Igrexa de Nuestra Señora del Azogue
Ermida de San Cayetano
Concello
Parque Natural do Lago de Sanabria
Forte de San Carlos
Festas
O 8 de setembro celébranse as festas da nosa Señora das Vitorias, que duran toda a semana e ás que acoden xentes de toda a comarca, dados os importantes espectáculos que ofrecen.
Comarca de Seabra
Seabra (na variante galega das Portelas: Xabra, en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O seu xentilicio é «xabrés».
Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa). Linda polo oeste coa provincia de Ourense (Galicia), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, polo leste coa comarca zamorana de La Carballeda e polo sur co distrito portugués de Braganza.
Na maior parte do territorio falouse leonés, malia que na actualidade a lingua ten pouca vitalidade na área. Na zona occidental, chamada As Portelas, comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo, fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución.
Tamén se fala galego nos concellos de Lubián, Pías e Porto, así como na vila de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.
Historia
Seabra estivo habitada por tribos ástures, do que perduran aínda castros. O nome, Senabriga, xa está rexistrado en documentación da Alta Idade Media, do cal deriva o actual Seabra. Amosa o elemento céltigo-briga "fortificación", que debeu designar algún castro concreto.
En 921 construíuse o mosteiro de San Martín de Castañeda, ou Castañeira, como se denominou na súa orixe, talvez por monxes mozárabes.
En 952 o rei Ordoño III deulles os dereitos de pesca sobre o lago de Seabra.
En 1103 o rei Afonso IX concedeu o Foro da Seabra. O dominio de dito mosteiro foi moi relevante na comarca ata inicios do século XIX.
Pertenceu ao Reino de Galicia polo menos ata o século XVI, cando formaba parte do ducado de Benavente.
Logo da Guerra de Independencia de Portugal, no século XVII, ficou incorporada á comarca a localidade de Hermisende, anteriormente portuguesa, onde se fala galego.
Concellos
Asturianos
Cobreiros
Galende
Hermisende
Lubián
Palacios de Sanabria
Pedralba de la Pradería
Pías
Pobra de Seabra
Porto
Requeixo
Robleda-Cervantes
Rosinos de la Requejada
San Justo
San Martín
Trefacio
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901