ESTACIÓN DE TREN DE RIBADAVIA
RIBADAVIA
Estación de Ribadavia
Ribadavia é unha estación de tren de Adif situada na vila de Ribadavia, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 72,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 87 metros de altitude, entre as estacións de Barbantes e Filgueira.
O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa aperta do tramo Ourense-Arbo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.
A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo.
Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.
En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
Está situada ao norte do concello. O seu edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e dúas alturas que recobre un tellado de catro vertentes.
Dispón de dúas plataformas curbadas (unha lateral e outra central) á que acceden tres vías.
A plataforma lateral conta cunha marquesiña metálica encostada ao edificio principal como elemento de protección.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
Inda recordo (o 92?) que tiña cafetería e pasaba un tren nocturno a Madrid.
ResponderEliminar