viernes, 2 de diciembre de 2022

ESTACIÓN DE TREN DE BARBANTES - BARCA DE BARBANTES - CENLLE

 ESTACIÓN DE TREN DE BARBANTES

BARCA DE BARBANTES

CENLLE

 Estación de Barbantes
     Barbantes é unha estación de tren de Adif situada na Barca de Barbantes, no concello de Cenlle, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 59,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 93 metros de altitude, entre as estacións de Ourense-Empalme e Ribadavia.

      O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa apertura do tramo Ourense-Arbo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos. A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo.

     Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país. En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
     Está situada a beiras do río Miño como gran parte das estacións deste tramo. O seu edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e planta baixa. 

     Dispón de dúas plataformas (unha lateral e outra central) á que acceden tres vías. 


     A plataforma central é tan estreita que realmente non ten uso por parte dos viaxeiros.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901