jueves, 4 de septiembre de 2025

IGREXA DE SAN VICENTE - TILVE - CERPONZÓNS - PONTEVEDRA

 IGREXA DE SAN VICENTE

TILVE

CERPONZÓNS

PONTEVEDRA

      A igrexa actual de Cerponzóns asentase sobre as bases dunha anterior datada no século XIII da que inda queda algún restos na edificación barroca.  

       É un edifico sinxelo dunha soa nave e teitume a dúas augas. 

      O da cabeceira está máis baixo que o resto da nave e cuberta con bóveda de canón. 

     Na fachada, muro liso con tres oco aliñados no seu eixo central: un para a porta alintelada, un oco para a figura de San Vicente Mártir e unha fiestra rectangular. Na beira esquerda, disponse a torre campanario. 

     O teitume remata en pináculos nos seus extremos e nunha cruz na cima.

      Pola beira norte ten unha capela con arcosolio no interior e unha ampliación para as dependencias da sancristía, datada en 1689. 

      Amosa un escudos heráldico polo exterior no muro norte e outro no muro da cabeceira no este.

      No interior e a cada beira do arco de medio punto que da a entrada a cabeceira, dispóñense dous arcosolios flanqueados por pilastras e presidios por escudos heráldicos policromados. No muro norte, sitúase unha capela con arcosolio nunha beira.

      No exterior está a antiga pila bautismal e no interior destaca o retablo maior neoclásico. No arcosolio norte, disponse outro retablo, de época barroca, dourado e rematado nun escudo heráldico policromado e presidido pola imaxe da Inmaculada Concepción. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galega

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901