MUIÑO NA PONTE DE PEDRA
RÍO DEVA
Quintela de Leirado
Quintela de Leirado é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.
Segundo o Padrón Municipal, no ano 2014 tiña 651 habitantes.
O seu xentilicio é quintelán.
Xeografía
Atópase no val do río Deva. Ten unha orografía accidentada, cunha elevada altitude media. Ó sur ten alturas superiores ós 1.000 metros nas estribacións da serra de Leboreiro en cumios coma o Penagache (1.213 metros), os Aguillóns, ou Castelo, de aspecto agreste e fortes pendentes.
O río Deva, afluente do Miño, nace ó pé da serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura. Posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes, regando toda a zona.
Historia
Os primeiros poboadores foron os Coelernos, supostos habitantes do castro de Redemuíños, castro que foi romanizado.
Na idade Media a parroquia de Leirado estivo supeditada á xurisdición eclesiástica do mosteiro de Ramirás, mentres que as de Santa María de Leirado e Redemuíños pertencían ó señorío do marqués de Malpica.
A configuración parroquial modificouse en 1836 ó crearse a parroquia de Quintela de Leirado, completándose en 1893 coa de Xacebáns.
Río Deva
O río Deva é un curso fluvial da provincia de Pontevedra, afluente do Miño pola súa marxe dereita.
Percorrido
O Deva nace a 800 m de altitude no sitio denominado Teso de Deva, marcando unha dirección de curso N-S. Percorre un total de 21 km, antes verter as súas augas no Miño. A súa conca ten uns 92,3 km². O caudal medio é de 3,70 m³/s.
Réxime hídrico
É un río de réxime pluvial, pois a pluviosidade media da súa conca calcúlase en 1.608 mm anuais.
Comarca da Terra de Celanova
A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.
A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901