domingo, 12 de agosto de 2018

A CORTELLA - MELÓN - OURENSE

A CORTELLA
MELÓN
OURENSE


A Cortella
     A Cortella é un lugar da parroquia de Melón, no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. 



     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres), o que supón unha diminución en 3 habitantes en relación ao ano anterior.


Melón
     Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 



     Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.


Xeografía
     O concello ten 53,2 km². 



     Limita ao norte cos concellos de Avión e Carballeda de Avia, ao sur co da Cañiza (da provincia de Pontevedra), ao oeste con A Arnoia e Ribadavia e ao oeste con Covelo (tamén da provincia de Pontevedra). 


     Polo concello pasa a autovía A-52 que une Vigo e Ourense.


Historia
     A historia desta terra está fortemente vencellada ao da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.



     Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular.


Lugares de Melón
     Cima de Vila,  A Cortella, O Coruxal, A Costa do Cuco, A Fonte Santa, A Hedreira, Melón, As Mestas, Penavaqueira, A Ponte, O Retiro, Seoane, Tourón, Valmourisco



 Parroquias de Melón    
     Melón (Santa María), Quins (Santa María) 



Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 



     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. 


     Dálle nome ao viño do Ribeiro.


     Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). 


     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 


     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 


     Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901