martes, 14 de agosto de 2018

FERVENZA DE CARBALLEIRO - RÍO PONTELLAS - CERDIDO

FERVENZA DE CARBALLEIRO
O CARBALLEIRO
RÍO PONTELLAS
CERDIDO


Cerdido
     Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes. O seu xentilicio é «cerdidense».



     O concello sitúase ao norte da provincia da Coruña. Limita ao norte con Cedeira, ao leste con Ortigueira, ao sur coas Somozas e Moeche, e ao oeste con Valdoviño. Ten unha extensión de 52,63 km², cunha altitude media de 240 m. Pertence á Rede Natura 2000 da ría de Ortigueira-Mera.


     Atópase entre as serras de Forgoselo e A Faladoira e o val de San Sadurniño. Os diversos ríos e regatos que discorren polo territorio verquen as augas en dúas cuncas: a do río Mera, que desemboca na ría de Ortigueira, e o río Porto do Cabo, que desemboca na ría de Cedeira.


     A máxima altura atópase no monte de Francoi (408 m). Outros cumios son o monte Texón (326 m) e o Couto da Forca (356 m), entre os cales está o val do río de Pontellas. Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves.


Historia
     No castro de Cerdido, preto do lugar da Igrexa, foi atopado en 1840 un torque de ouro moi diferente aos atopados en Galiza, máis parecido aos presentes en Irlanda.



     No século VI, durante o reino suevo, foi incluído no condado de Labacengos, pertencente á diocese de Iria Flavia.


     O topónimo de Cerdido aparece documentado por vez primeira nun documento do 3 de novembro de 1152, polo cal Fernán Pérez e a súa muller Sancha González, doan os bens da igrexa de San Martiño de Cerdido ao mosteiro de San Martiño de Xuvia.


     No século XVII o marqués de San Sadurniño (que tamén posuía o título de visconde de Cerdido) designaba un xuíz para o concello. Trala división local e provincial do século XIX o concello quedou formado polas parroquias de Cerdido e Os Casás. A Barqueira converteuse en parroquia en 1869, ao formarse un núcleo de certa importancia no barrio de Malados, na estrada entre Ferrol e Viveiro, onde había un mesón e a capela de Santo Antón. A Barqueira era o nome do mesón. 


Roteiro do Río Pontellas
     Interese do roteiro: Natural, xa que percorre a beira do río Pontellas, que está protexido por un corredor de vegetación de ribeira, onde podemos ver alisos, fresnos, abedules, sauces e moitas especies de helechos e flores.



     Tamén conserva varios molinos, algún deles perfectamente rehabilitado e de fermosa construción, así como pontellas feitas en pedra para pasar o río, que dan un valor etnográfico ao roteiro.


     O itinerario termina no lugar do Ou Castro, antigo poboado da idade do ferro que conserva as murallas e parte do foso, dotando a este breve percorrido dunha maior relevancia histórica.


Comarca do Ortegal
     A comarca do Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira, que é a súa capital.



    Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental xa na provincia de Lugo e ao oeste coa comarca de Ferrol.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901