jueves, 11 de septiembre de 2014

EIRA DE LOBAS - LOBÁS - OURENSE


EIRA DE LOBÁS
COSTOIA
LOBÁS
CARBALLIÑO
OURENSE

Carballiño    
     O Carballiño é a entidade de poboación máis recente da comarca. Xestouse ao redor da  feira creada polos frades de Oseira no primeiro terzo do século XVII. 



     A súa condición de encrucillada, lugar de paso natural entre as Rías Baixas e o interior meridional de Galicia, e entre O Ribeiro e o norte de Portugal con Compostela, marcou tanto a orixe da feira como  a súa consolidación e puxanza posteriores.



     Naceu O Carballiño ao pé do camiño (s. XVII) nas terras do mosteiro de Oseira (s. XII), unha das abadías máis poderosas da Baixa Idade Media; converteuse no eixo da arrieiría  tras popularizarse a súa feira (s. XVIII); acrecentou o interese xeral coa difusión dos poderes curativos das súas augas termais (s. XIX); emprendeu iniciativas industriais e comerciais, creando fábricas do papel, madeira, xabón e curtidos (s. XIX), e buscou novos horizontes, primeiro, alén das augas atlánticas (ss. XIX e XX) e, máis tarde, en Europa Central (s. XX), coma se a condición de emigrado lle viñese imposta co seu nacemento.




     O seu nome herdouno do lugar, como sucede con tantos pobos. Os investigadores que se ocuparon de coñecer a xénese do topónimo coinciden nisto, aínda que discrepan na súa orixe. 



     Parece prevalecer, con todo, a teoría do apelativo cariñoso, que en Galicia adoita ser un diminutivo, como referente último. Segundo isto, O Carballiño, indicaría afecto cara a ese lugar poboado de carballos ou talvez no que algún deles sobresaíse. 
 

     En diversos períodos históricos o nome foi castellanizado erroneamente, sendo substituído por Carballino , palabra carente de significado algún, xa que o diminutivo castelán sería en todo caso roblecito.


Comarca do Carballiño
     A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. 



     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


Lobás
     Santa Ouxea de Lobás é unha parroquia do concello de O Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 contaba con 256 habitantes, deles 124 eran homes e 132 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.



Igrexa de Lobás 
     Consta dunha soa nave, en xeral caracterízase pola sinxeleza das súas liñas. Non obstante destaca a fachada: Presenta unha espadaña de dous corpos e unha pequena urna coa estatua de Santa Bárbara sobre a ventá. O retablo maior é do século XVIII. Cabe destacar a prataría da Igrexa, principalmente un cáliz proveniente de San Paio de Antealtares. 

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901