RUINAS DEL SANTUARIO DE FATIMA
SAN XURXO DE ASMA
CENTULLE
CHANTADA
LUGO
Situado sobre un castro, móstrase como unha especie de castelo que domina visualmente un amplo territorio.
Erguido i promovido polo párroco don Emilio Eyré Lamas, coñecido popularmente co alcume de pai Eyré.
Esta edificación foi concebida a xeito de fortaleza, aparecendo coroada por diversas cruces gaélicas que fan que a construción adopte unha forma semellante á dos castelos irlandeses.
En canto ó estilo artístico argumentar que o santuario non recolle unha soa tendencia senón que se mostra coma unha mestura de elementos mozárabes, románicos e gaélicos.
Interiormente presenta un chan graduado en altura mediante diversas plataformas; destaca neste espazo a talla de Nosa Señora de Fátima que foi elaborada por Capa na escola de Belas Artes de Madrid.
A importancia da mesma, non nos esquezamos de que este foi o primeiro santuario dedicado a Virxe de Fátima en toda España, veu referendada no acto de consagración da imaxe. Celebrado na Academia de San Fernando o doce de Xuño do ano 1945, asistiron ó mesmo personalidades da talla dos infantes don Luís Alfonso e dona Mercedes de Baviera e de Borbón.
Segundo sabemos, en certos períodos dun pasado non tan lonxano, era moita a xente que se achegaba ata este lugar para honrar á Virxe de Fátima aló polo mes de Maio de cada ano.
Peregrinaban dende diversos puntos do concello, tendo constancia de persoas que ían o santuario de véspera portando algúns fachos.
Desgraciadamente e, ó igual que acontece con outras moitas romarías, a festa de Fátima foi perdendo importancia co paso dos anos.
E o santuario esta casi en ruinas e esquencido.
Chantada.
Chantada, e un escaparate dende o que dar a coñecer a Ribeira Sacra e a súa Vila e a hospitalidade dos seus habitantes, o seu casco histórico, a súa paisaxe, asombrarse coa maxestosidade da Ribeira Sacra, que modelada ó longo dos séculos, ofrécenos os saborosos caldos cos que nos podemos deleitar, especialmente na Feira do Viño onde se citan e dan a coñecer os produtores destes viños mencía.
Chantada tamén ten numerosos monumentos do Románico que se poden visitar facendo calquera das rutas turísticas que están á disposición do visitante.
Quen se achegue a Chantada no mes de febreiro poderá descubrir a singularidade e vistosidade do ancestral Entroido Ribeirao, cos seus volantes e peliqueiros...
Tamén poderá o visitante percorrer o chamado Camiño de Inverno, tramo do camiño de Santiago que ó seu paso por Chantada discorre por unha antiga calzada romana, no fermoso pobo de Belesar.
En definitiva, en Chantada hai moito que descubrir...
Chantada é a capital e o principal núcleo do Partido Xudicial e centro da bisbarra á que lle da o seu nome. Está integrada polos municipios de Carballedo, Taboada e Chantada. Esténdese aproximadamente entre os 42º 41' e os 42º 31' latitude Norte e entre os 7º 54' e os 7º 40' lonxitude Oeste. Ao Norte limita coas comarcas da Ulloa (concello de Monterroso) e Portomarín. Ao Sur con A Peroxa e Vilamarín (Ourense). Ao Leste coas terras de Lemos (concellos de Saviñao e Ferreira de Pantón) e Sarria (Paradela). E ao Oeste coas bisbarras da Ulloa (Antas de Ulla), Deza (Rodeiro, na provincia de Pontevedra) e Carballedo (San Cristovo de Cea, na de Ourense).
Na súa paisaxe diversificada diferenciamos 3 unidades morfolóxicas: ao Oeste A Serra do Faro, ao Leste a ribeira do Miño e, no centro a chaira (483 m.) , que abrangue a maior parte do termo municipal.
A Serra do Faro (1.187 m.), con disposición Norte-Sur, que fai as veces de liña divisoria de augas e de límite provincial, formouse sobre un bloque de granito e xisto, cortado po faias e modelado pola erosión fluvial. Ó sur, nas estribacións da mesma, atópase o Alto de Vales. O cume do faro ofrécenos unha gran panorámica dos concellos limítrofes, e mesmo do Pico Sacro, dos montes do Courel ou dos Ancares se o día está claro.
A rede fluvial, posúe unha disposición Norte-Sur, debuxando vales encaixados de fortes pendentes e grandes desniveis formando socalcos aproveitados para a explotación vitícola. A rede fluvial secundarias está formada por numerosos ríos e regatos entre os que destacan: o Asma, Lameiro, Enviade e o Camporramiro.
O clima ten un marcado carácter húmido e continental e, pese á pantalla pluviométrica que supoñen os sistemas montañosos, as precipitacións superan os 1.200 mm./anuais.
Os invernos son suaves e os veráns calurosos con tendencia á sequidade, oscilando as temperaturas entre os 19' 5 ºC da máxima e os 6' 3 ºC da mínima. Nas serras, as condicións climáticas son máis extremas. En canto á vexetación abundan as especies autóctonas tales como castiñeiros e carballos e nas áreas máis elevadas, o mato.
Este medio natural, entre montes e ribeiras da acubillo a multitude de especies de fauna, como son: xabarís, lobos, raposos, corzos, coellos, lebres, perdices, aves insectívoras, paspallás, ratos, lagartixas, ourizos ou morcegos.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901