lunes, 17 de octubre de 2022

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE DOADE - DOADE - SOBER

 IGREXA DE SAN MARTIÑO DE DOADE

DOADE

SOBER

 Doade
      San Martiño de Doade é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

     Limita ao norte e leste co concello de Monforte de Lemos, ao oeste coa parroquia de Brosmos, e ao sur coa parroquia de Amandi e cos concellos ourensáns da Teixeira e Castro Caldelas, dos que está separado polo río Sil.

     Tiña unha poboación de 120 habitantes en 2016, 57 homes e 63 mulleres, agrupados nas entidades do Bidual, Castro, Ceceda, Doade, Francos, A Lampaza, Mourentán, Vilachá e Vilar de Mouros.

     En plena Ribeira Sacra, é coñecida polas súas viñas e adegas desa denominación de orixe. Algunhas das vides atópanse en pendente, na ribeira dereita do río Sil, que forma nesa zona un profundo canón. Entre o seu patrimonio destacan a igrexa parroquial, do século XVII, as capelas de San Pedro e San Amaro, a fonte de San Xermán e os miradoiros sobre o canón.

     As localidades de A Lambaza e Vilar de Mouros forman un exclave de 5,4 quilómetros cadrados de superficie que está situado 450 metros ao leste do resto da parroquia. Este exclave limita ao norte, leste e oeste con Monforte de Lemos e ao sur co río Sil.

Lugares de Doade
   O Bidual, Castro, Ceceda, Doade, Francos, A Lampaza, Mourentán, Vilachá, Vilar de Mouros

Comarca da Terra de Lemos
     A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901