ALDEA ABANDONADA DE COVAS
RIBELA
COLES
Covas
Covas é un lugar da parroquia de Ribela no concello ourensán de Coles na comarca de Ourense. Estaba deshabitado no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE.
Ribela
San Xillao de Ribela é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense.
No ano 2007 tiña 210 habitantes (109 homes e 103 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento de 4 habitantes en relación ao ano 2000.
Lugares de Ribela
Carballeda, Covas, A Eirexa, O Malvedo, Outeiro, Prados, A Reguenga, Ribela, A Sé, Vilanova
Coles
Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).
Xeografía
O concello, de 38,25 km², abrangue 10 parroquias. Limita ao noroeste con Vilamarín, ao nordeste coa Peroxa, ao sueste co Pereiro de Aguiar (a través do río Miño), ao suroeste con Ourense e ao oeste con Amoeiro.
A zona noroeste é máis elevada, con cumios como o Castro de Santa Águeda (682 m) ou os montes de Cambeo (488 m). No leste as terras graníticas descenden cara ao curso do Miño.
O principal curso fluvial é o río Miño, que serve de fronteira ao longo de 6 km.
O encoro de Velle supuxo cambios importantes na zona, destruíndo as pesqueiras existentes.
Outro curso menor é o río da Barra, afluente do Miño que serve de fronteira coa Peroxa. O río Gustei únese ao rego de Lusín, desembocando no Miño, ao igual que o regueiro de Carrís.
Parroquias de Coles
Albán (San Paio), A Barra (Santa María), Cambeo (Santo Estevo), Coles (San Xoán), Gueral (San Martiño), Gustei (Santiago), Melias (San Miguel), Ribela (San Xillao), Santa Mariña de Albán (Santa Mariña), Santo Eusebio da Peroxa (Santo Eusebio), Ucelle (Santa María)
Comarca de Ourense
A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.
Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.
Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar