IGREXA DE SANTIAGO DE GUSTEI
GUSTEI
COLES
Gustei
Santiago de Gustei é unha parroquia situada no concello de Coles na provincia de Ourense.
Segundo o padrón municipal de 2005 tiña 875 habitantes (461 homes e 414 mulleres), distribuídos en oito entidades de poboación: Gustei, Pobadura, Seara Vella, Sequeiros, Sobral, Vilarnaz, Boncomezo e Soutullo de Arriba.
Durante o antigo réxime a parroquia pertenceu á xurisdición de Gustei, dependente da diocese de Ourense.
En 1812 e 1820 constituíuse como concello de seu, integrándose en 1835 no de Coles.
Patrimonio
A igrexa parroquial é de orixe románica, construída na segunda metade do século XII. Desa época consérvase a fachada, a porta do muro sur, e un tramo da ábsida. En 1979 foi declarada patrimonio arquitectónico de interese histórico-artístico. No altar maior hai unha figura en pedra policromada de Santiago o Maior en postura sedente de mediados do século XIII.
Lugares de Gustei
Boncomezo, Gustei, Pobadura, Seara Vella, Sequeiros, Sobral, Soutullo de Arriba, Vilarnaz
Coles
Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).
Xeografía
O concello, de 38,25 km², abrangue 10 parroquias. Limita ao noroeste con Vilamarín, ao nordeste coa Peroxa, ao sueste co Pereiro de Aguiar (a través do río Miño), ao suroeste con Ourense e ao oeste con Amoeiro.
A zona noroeste é máis elevada, con cumios como o Castro de Santa Águeda (682 m) ou os montes de Cambeo (488 m). No leste as terras graníticas descenden cara ao curso do Miño.
O principal curso fluvial é o río Miño, que serve de fronteira ao longo de 6 km. O encoro de Velle supuxo cambios importantes na zona, destruíndo as pesqueiras existentes.
Outro curso menor é o río da Barra, afluente do Miño que serve de fronteira coa Peroxa. O río Gustei únese ao rego de Lusín, desembocando no Miño, ao igual que o regueiro de Carrís.
Comarca de Ourense
A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.
Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.
Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901