martes, 18 de octubre de 2022

ALDEA ABANDONADA DE OUTEIRIÑOS - MELIAS - COLES

ALDEA ABANDONADA DE OS OUTEIRIÑOS

MELIAS

COLES

 Os Outeiriños
      Os Outeiriños é un lugar da parroquia de Melias no concello ourensán de Coles na comarca de Ourense.

     Tiña 1 habitante no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, que era home.

Melias
     San Miguel de Melias é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 510 habitantes (239 homes e 271 mulleres) 19 menos ca en 2000.

     Ten 16 entidades de poboación. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Melias (O Pereiro de Aguiar).

Lugares de Melias
     Belesar, Casanova, Cerdedo, Os Cruceiros, A Estación, Figueiredo, Fontao, Levices, Miegodevila, Neboade, Os Outeiriños, Outeiro, Pacios, San Lourenzo, Sobrado, O Souto


Coles
     Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).

Xeografía
     O concello, de 38,25 km², abrangue 10 parroquias. Limita ao noroeste con Vilamarín, ao nordeste coa Peroxa, ao sueste co Pereiro de Aguiar (a través do río Miño), ao suroeste con Ourense e ao oeste con Amoeiro. 

     A zona noroeste é máis elevada, con cumios como o Castro de Santa Águeda (682 m) ou os montes de Cambeo (488 m). No leste as terras graníticas descenden cara ao curso do Miño.

     O principal curso fluvial é o río Miño, que serve de fronteira ao longo de 6 km. 

     O encoro de Velle supuxo cambios importantes na zona, destruíndo as pesqueiras existentes.

     Outro curso menor é o río da Barra, afluente do Miño que serve de fronteira coa Peroxa. O río Gustei únese ao rego de Lusín, desembocando no Miño, ao igual que o regueiro de Carrís.


Parroquias de Coles    
     Albán (San Paio), A Barra (Santa María), Cambeo (Santo Estevo), Coles (San Xoán), Gueral (San Martiño), Gustei (Santiago), Melias (San Miguel), Ribela (San Xillao), Santa Mariña de Albán (Santa Mariña), Santo Eusebio da Peroxa (Santo Eusebio), Ucelle (Santa María)

Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901