miércoles, 5 de octubre de 2022

MINA DE VOLFRAMIO DE BALDREI - BALDREI - ASADUR - MACEDA

 MINA DE VOLFRAMIO DE BALDREI

BALDREI

ASADUR

MACEDA

     Baldrei foi a primeira vila no val de Maceda que tivo electricidade debido á explotación de minas de volframio. Así, no ano 1931 todos os veciños que querían e podían instalábana.

     Actualmente esta como outras minas máis da contorna atópanse abandonadas, polo que o concello tivo que cercalas con arame para evitar accidentes.

     Ao norte de Maceda prodúcense os contactos entre as formacións de lousa e de granito de dous mica. Os granitos producen intrusións nas lousas, nalgúns casos producindo enclaves illados.

     Estes contactos son depósitos minerais interesantes, tipo filoniano. A presenza de arsenopirita en filos de cuarzo, xunto con algúns de calcopirita, esfalerita e pirita. Estes filos foron explotados, fai anos, en varios puntos. Preto do pobo de Baldrei, a extracción foi realizada a ceo aberto, aínda que foi escavado un curioso túnel de acceso. O granito aquí é fráxil, por ser caolinizado (sábrego), o que facilitou o traballo de extracción.

     Nos arredores da mina atópanse numerosos cristais soltos de andalucita. O granito é atravesado por unha serie de vetas de cuarzo de 10 a 30 centímetros contendo arsenopirita en cantidade relativamente abundante.

     Moitos coñecen a historia da explotación das minas de Galicia polos nazis. Estas minas de Galicia tiveron grande importancia para o exército alemán. Nos anos 40, a explotación de minas de volframio alimentan a industria de guerra de Hitler durante a Segunda Guerra Mundial.

     A palabra volframio procede do alemán wolf e rahm (“baba de lobo”). Isto débese á crenza dos mineiros medievais saxóns que crían que o diaño se aparecía en forma de lobo e habitaba nas profundidades das minas, corroendo a casiterita coas súas fauces babexantes. Este metal aparecía mesturado co ácido doutro descoñecido -volframio- que actuaba corroéndoo.

     É un metal escaso na cortiza terrestre, encóntrase en forma de óxido e de sales en certos minerais. De cor gris aceirada, moi duro e denso, ten o punto de fusión máis elevado de tódolos metais e o punto de ebulición máis alto de tódolos elementos coñecidos.

     Úsase nos filamentos das lámpadas incandescentes, en electrodos non consumibles de soldaduras, en resistencias eléctricas e, aliado co aceiro, na fabricación de aceiros especiais.

MAPA

 

Fuente: Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901