IGREXA DE SANTA MARÍA RAZAMONDE
RAZAMONDE
CENLLE
Igrexa de Santa María de Razamonde
Esta igrexa, construída entre os séculos XVI e XVIII, aínda conserva elementos decorativos medievais, como outros edificios relixiosos románicos da zona.
Entre estes elementos medievais atópase o arco de medio punto decorado con motivos xeométricos (na parte lateral). Posúe, ademais, dúas capelas laterais.
O retablo maior do interior é renacentista, con características arquitectónicas propias do século XVI.
Razamonde
Santa María de Razamonde é unha parroquia do concello de Cenlle, a beira do río Miño. Limita con Laias, Vilar de Rei e Trasariz.
Segundo o IGE en 2013 tiña 157 habitantes (80 mulleres e 77 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 212 habitantes.
Patrimonio
A igrexa de Santa María de Razamonde ten unha porta lateral con estrutura e motivos medievais como o arco de medio punto con decoración xeométrica enmarcado por unha fileira de canzorros.
Lugares de Razamonde
Barral, Erbededo de Abaixo, Erbededo de Arriba, Lagarellos, Lameiro do Monte, Razamonde, Xubín
Comarca do Ribeiro
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.
A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.
Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar