miércoles, 19 de octubre de 2022

IGREXA DE SAN PEDRO DE SOLVEIRA - SOLVEIRA DE LIMIA - XINZO DE LIMIA

 IGREXA DE SAN PEDRO DE SOLVEIRA

SOLVEIRA DE LIMIA

XINZO DE LIMIA

Solbeira de Limia
      San Pedro de Solbeira de Limia é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia.

     Segundo datos do IGE, no ano 2009 a súa poboación era de 131 persoas (68 homes e 63 mulleres), 9 menos que no 2007.

     Inclúe os lugares de Pidre (49 habitantes) e Solveira (91).

Lugares de Solbeira de Limia
     Pidre, Solveira

Xinzo de Limia
     Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio é «limiao», «limego» ou «límico».

     Está situado a 35 km de Ourense e 30 de Verín.

Hidrografía
     A rede hidrográfica, antes marcada pola lagoa de Antela despois da súa seca, pasou a organizarse arredor do río Limia, que cruza todo o municipio con escasa pendente e dificultades de drenaxe, polo que no inverno é frecuente ver zonas asolagadas. Pola súa beira esquerda únenselle varios afluentes que teñen o seu nacemento nas zonas mais meridionais do municipio: Faramontaos, Nocedo, Rego dos Arnos e Rego da Ribeira.

Historia
Idade Antiga
     Xinzo de Limia ten as características dos pobos límicos, que se asentaron durante a dominación romana. Para uns autores a capital deste pobo estaría en Sarreaus, na ladeira occidental do Monte Viso, a localización da capitalidade deste pobo non é compartida por tódolos investigadores, sobre todo despois dos importantes achados na vila de Xinzo de Limia que a convirten na outra "alternativa" para situar a capitalidade dos límicos durante o período galaico-romano

      No norte do municipio atópanse vestixios da vía XVIII do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga.

Idade Media
     A cidade foi conquistada e reconquistada por parte do rei portugués Afonso Henriques. Concretamente no 1130, o Rei de Portugal, tentando recuperar as terras que posuía a súa nai D. Teresa, comandou unha ofensiva contra o sur de Galicia, e despois de tomar Tui encamiñouse a Limia, onde coa axuda do Tenente da Limia o Conde Rodrigo Pérez, incorporouna a súa Coroa construíndo daquela o Castelo de Celme.

     O rei portugués tenta conquistar un punto clave cando ataca Badaxoz en 1169, o que redunda nun desastre militar. O seu obxectivo consistía en dominar a liña do Guadiana. Alfonso esnaquízase unha perna nesta campaña e queda en mans do seu xenro Fernando II. A cambio da súa liberdade, tivo que proceder á devolución das terras de Toroño e Limia que antes ocupara, pasando a constituír un condado.

Idade Contemporánea
     O concello de Moreiras foi creado por decreto de 15 de xullo de 1836 e o 9 de xaneiro de 1927 incorporouse ao concello de Xinzo de Limia.

Parroquias de Xinzo de Limia    
     Boado (San Pedro), Cima de Ribeira (San Miguel), Damil (San Salvador), Faramontaos (San Salvador), Ganade (San Bartolomeu), Gudín (San Miguel), Guntimil (San Xoán), Lamas (Santa María), Laroá (Santa María), Moreiras (San Tomé), Morgade (San Tomé), Mosteiro de Ribeira (Santa María), Novás (San Nicolao), Parada de Ribeira (San Salvador), A Pena (San Pedro), Piñeira Seca (Santo André), San Pedro de Laroá (San Pedro), Seoane de Oleiros (San Xoán), Solbeira de Limia (San Pedro), Xinzo de Limia (Santa Mariña)

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901