CRUCEIRO DAS CINCO RÚAS
PRAZA DAS CINCO RÚAS
PONTEVEDRA
ORIXINARIAMENTE
ESTRIBELA - LOURIZÁN
Interesante grupo escultórico orixinalmente policromado pero do que só se conserva a pigmentación vermella da imprimación que se aplicaba antes da pintura. Consta dunha plataforma de planta octogonal de tres escadas. Sobre esta aséntase un pedestal con diversas molduras e unha inscrición que percorre as súas catro caras que informa sobre a data de construción: 1773.
O fuste é de planta cadrada no seu tramo inicial, pasa a ser de planta hexagonal coas caras lixeiramente convexas. Sobre el distribúense un grupo escultórico, formado por Adán e Eva baixo unha maceira no momento en que Eva colle a mazá da árbore. Á dereita destas figuras esténdese unha serpe que vai dende a base, debaixo de Adán e Eva na parte frontal, percorrendo todo o lateral ata a altura do remate da arbore.
Pola outra banda hai dúas pequenas figuras de ánimas en medio das chamas, en enriba delas poder verse un relevo cos instrumentos da paixón. Pola parte posterior hai outra inscrición que pide unha pregaria pola alma dos penitentes no purgatorio.
Enriba deste conxunto, disponse Santo Antonio de Padua levando no colo ao neno Xesús. E máis arriba no fuste inda hai outra pequena figura.
O capitel presenta unha versión xeométrica e simplificada de follas de acanto e volutas cun anxo entre cada par de volutas. Sobre esta un plinto sobre a que se ergue unha cruz sinxela de esquinas biseladas excepto no remate dos brazos. Pola parte frontal, que mira a praza vemos un cristo acompañado dun monxe. Pola outra beira temos a Virxe portando ao neno.
O conxunto foi construído en 1773 e orixinalmente emprazado na praciña a carón da Praza de Abastos de Estribela. No ano 1939, din que os falanxistas, que estaban a celebrar que venceran na guerra, colgaron guirnaldas e bandeirolas do cruceiro, tiraron con el e rompeu en cachos.
Así estivo ata que en 1962 o levaron para o Museo de Pontevedra, onde o restauraron. Pero xa nunca regresou á parroquia, senón que, unha vez restaurado, foi colocado na Praza das Cinco Rúas.
Décadas despois, en 1999, a raíz das peticións da Asociación de Veciños San Andrés, o Concello de Pontevedra colocou a réplica que podemos ver na actualidade en Estribela.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901