martes, 22 de octubre de 2019

IGLESIA DE SAN CIBRÁN DE PAREDES - O PICOUTO - PONTEAREAS

IGREXA DE SAN CIBRÁN DE PAREDES
O PICOUTO
PONTEAREAS 


Paredes
     San Cibrán de Paredes é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. 


     Segundo o INE en 2004 tiña 60 habitantes (33 mulleres e 27 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.


Lugares de Paredes
     O Picouto, O Ramallal, O Toucedo


Ponteareas
     Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.



Situación xeográfica
     Ponteareas ten unha superficie de 125,56 km². Conta con 220 entidades de poboación repartidas en 24 parroquias. Sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda ó norte con Pazos de Borbén, ó leste con Mondariz, Mondariz-Balneario e As Neves, ó sur con Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, e ó oeste con Mos e O Porriño e Mos.


     Dada a súa localización, conta con dúas vías de comunicación importantes como son a estrada N-120 e a autovía A-52, conectando a vila cos centros máis importantes do seu redor: Vigo a 25 km, Pontevedra a 45, Ourense a 75 e Portugal a 12.


Patrimonio
    Castro de Troña, é un dos principais enclaves da cultura castrexa de Galicia, destacando polo seu privilexiado enclave e as súas importantes defensas. Nunha das súas vivendas conserva un petróglifo que representa unha serpe enroscada a xeito heráldico, símbolo do castro coñecido de antigo que inspirou varias lendas.


    Sitio arqueolóxico do "Castro da Croa", sucesión de foxos á beira do río Tea insuficientemente estudados, aos que se lle asignou a función defensiva dun castro ou fortificación da idade de ferro, pero logo relacionouse cunha posible explotación aurífera, de confirmarse a hipótese, sería un bo representante das que se están a descubrir nesta década na conca do Miño.


    Ponte dos Remedios, ponte medieval mal chamada Ponte romana, que segundo algúns estudos é a que lle dá nome á vila.


    Ponte das Partidas, ponte medieval ao sur da vila sobre o río Tea na parroquia de Moreira, de orixe romana.
 

    Pena dos namorados, situada na parroquia de Arcos forma parte dun conxunto natural de restos de bólas graníticas que ben merecen ser coñecidas.


    Pena do equilibrio, forma parte do conxunto de bólas graníticas ás que tamén pertence a "pena dos namorados". Destaca por ser un enorme penedo situado enriba doutro en pleno equilibrio sen apoio de ningún tipo.


Igrexas románicas:
        Igrexa de San Pedro de Angoares.
        Igrexa de Santo Estevo de Cumiar.
        Igrexa de San Salvador de Padróns.


    Castelo de Sobroso, situado no outeiro de Landín, dentro do distrito natural da Entidade Local Menor de Vilasobroso territorio orixinario do antigo Señorio de Sobroso, hoxe forma parte do veciño concello de Mondariz; dista sete quilómetros da Vila de Ponteareas, é unha propiedade mercada polo Concello de Ponteareas en Vilasobroso, no ano 1981 a Zita Teresa Carrera Ferreira, única herdeira de Alejo Carrera Muñoz,periodista veciño e natural de Vilasobroso, seu propietario dende 1923 a 1967 quen o restaurou -sen axuda do Estado- Destaca pola súa arquitectura medieval: ten muralla externa, estancias e torre da homenaxe. Foi escenario dos enfrontamentos entre Diego Sarmiento e Pedro Madruga ademais da revolta irmandiña no século XV.


     Ten unhas impresionantes vistas sobre o seu propio pobo -Vilasobroso- e máis de cincuenta pobos de Galicia ata a fronteira de Portugal. Hoxe as súas estancias albergan o Centro de Recuperación de Cultura Popular, cunha exposición permanente sobre indumentaria tradicional de grande interese.


    O convento franciscano de San Diego de Canedo é un complexo monástico relativamente moderno, construído no século XVIII a raíz da doazón do pazo de Canedo por parte de Diego Sarmiento de Soutomaior aos franciscanos que viron o seu orixinal convento destruído un século antes na guerra con Portugal.


Festas e celebracións
     A festividade do Corpus Christi, o domingo seguinte ó xoves do Corpus, foi declarada en 2009 Festa de Interese Turístico Internacional.


Sendeirismo
     Ponteareas conta dende o 2009 cunha ruta homologada de sendeirismo, o PR-G 120 "Roteiro dos Penedos da Picaraña", apta para o turismo de natureza. Partindo do barrio da Serra, na parroquia de Arcos, ascende ata a Picaraña e retorna ata a Serra, percorrendo varios penedos: Pena do Equilibrio, Penedo da Chispa, Penedo da Fonte Santa etc.



 Parroquias de Ponteareas    
     Angoares (San Pedro), Arcos (San Breixo), Areas (Santa María), Arnoso (San Lourenzo), Bugarín (Santa Cristina), Celeiros (San Fins), Cristiñade (San Salvador), Cumiar (Santo Estevo), Fontenla (San Mamede), Fozara (San Bartolomeu), Guillade (San Miguel), Guláns (San Xulián), Moreira (San Martiño), Nogueira (San Salvador), Oliveira (Santiago), Padróns (San Salvador), Paredes (San Cibrán), Pías (Santa Mariña), Ponteareas (San Miguel), Prado (San Nicolao), Ribadetea (San Xurxo), San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo), San Mateo de Oliveira (San Mateo), Xinzo (Santa Mariña)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901