MINA DA BARXA
BARXA
A GUDIÑA
Barxa
San Xoán de Barxa é unha parroquia do concello da Gudiña na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 53 habitantes, deles 29 eran homes e 24 eran mulleres.
Lugares de Barxa
Barxa, O Seixo
A Gudiña
A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes
Xeografía
O concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós.
Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52. A estrada OU-533 une a vila da Gudiña coa da Rúa, pasando por Viana do Bolo. Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.
Pola Gudiña pasa tamén a Vía da Prata do Camiño de Santiago.
Historia
No concello consérvanse restos megalíticos, con varias mámoas, así como os restos de varios poboados castrexos. Durante a romanización de Galicia houbo unha explotación mineira de estaño.
O 15 de maio de 1167, Fernando II doou ao mosteiro de Montederramo mediante un privilexio a herdade da Coelleira.
O 15 de xuño de 1506 pasaron a noite na vila o rei Filipe I de Castela e a súa muller Xoana, que desembarcaran na Coruña e se dirixían preto da Pobra de Seabra para se reuniren o día 20 con Fernando II de Aragón. Dado que os habitantes acudiran a recibilos cando comeron no mesón da Canda, o rei concedeulles en Cédula Real o uso dun escudo coa coroa real, consistente nun brasón dividido en dúas metades cun triángulo no ángulo inferior.
O edificio do cárcere tiña o escudo da casa de Monterrei.
En 1911 o militar monárquico Henrique Mitchell de Paiva Couceiro lanza desde aquí a primeira incursión monárquica contra a recentemente nacida república de Portugal atacando Chaves, pero ao ser derrotado regresa,ao ano seguinte e no 1919 segue lanzando incursións armadas contra Portugal ao ter neste lado da raia seca a complicidade discreta do goberno español.
Parroquias da Gudiña
Barxa (San Xoán), O Canizo (Santa María), Carracedo da Serra (Santiago), A Gudiña (San Martiño e San Pedro), Parada da Serra (San Lucas), Pentes (San Mamede), San Lourenzo de Pentes (San Lourenzo), O Tameirón (Santa María)
Comarca de Viana
A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.
A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.
VIDEO
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901