IN MEMORIAM MARÍA OTERO CASAS
VILA DE ARRIBA
SANTA MARÍA DE SACOS
CERDEDO COTOBADE
O que vou contar a continuación, non é o argumento dunha película nin dunha novela dos tempos do romanticismo.
O que ven de seguido é unha historia real que aconteceu moi pretiño de aquí non hai tantos anos.
Esta tarde, Rosa e Manuel, veciños da Vila de Arriba en Santa María de Sacos, nas cercanías de Pontevedra recibíronnos na súa casa, e Rosa tivo a amabilidade de contarnos a historia pola que preguntábamos despois de ver os monumentos funerarios que enchen os camiños do lugar.
Severino Cachafeiro tiña unha xestoría no centro de Pontevedra, donde tamén era posuidor de moitos inmobles.
María Otero Casas naceu en Pontevedra e foi mestra na escola de Dorna aínda que, según nos comentan, a parella viviu en Pontevedra e non facía moita vida social.
O 17 de xaneiro de 1974, María morre, exactamente ás 10 h da mañá, no hospital de Santa Rita, e Severino queda só. A parella non tivo fillos e vivían o un para o outro no seu fogar, na praza de Curros Enríquez de Pontevedra.
Seguramente Severino quería mostrar a súa dor pola perda de María, e pensaba que cantos máis recordos houbera dela, máis preto del a tería e, en pouco tempo, encheu a Vila de Arriba de monumentos e detalles feitos de granito, para que perduren no tempo, e todos se lembren de María e coñezan a súa paixón por ela.
Según te achegas á Igrexa de Santa María de Sacos, mesmo na entrada, poderás ver un monumento funerario que tal vez parecera unha fonte, ou a cabeceira dun enterramento importante.
Varias inscricións nas súas pedras indican o día e a hora do pasamento de María. No centro, nunha losa de mármore branco, o seguinte texto que reflexa o profundo pesar daquel home que perdera á súa compañeira de vida para sempre:
“LINDERO ENTRE DOS MUNDOS
SOLO UNA LOSA NOS SEPARA
TU DUERMES EN UNO SIN VIDA
YO EN OTRO TE VELO SIN ALMA”
Máis adiante, na estrada, atopamos unha pequena torre que nos lembra as torres medievais e que ten similares inscricións, “Monumento funerario conmemorativo, María Otero Casas… “ e un reloxo coa hora; María morreu ás 10 h. Ao lado desta torre, nun portal de pedra hai inscricións con datas e frechas… dalgún destes datos descoñecemos o significado.
Encontramos no lugar a casa na que naceu Severino e na que viviron un tempo. Ésta ten unha peza de metal moi singular no seu tellado, parece unha frecha que podería indicar o camiño que nos leva ao ceo.
Moi preto dela hai unha casa pechada, cun xardín descoidado, que nos chama a atención porque a súa fachada está decorada con multitude de detalles curiosos. Rosa cóntanos que esa casa é unha replica exacta da casa da Praza de Curros Enríquez de Pontevedra onde vivían María e Severino compartindo a súa vida. Esta casa nunca foi habitada… cando María morreu, Severino foi a vivir cunha sobriña, mestra tamén.
Outro portalón de pedra cunha frecha branca…. E seguramente máis detalliños perdidos polos camiños.
En agosto de 1989 morre Severino e pasa a ocupar un lugar no panteón familiar, no cemiterio de Santa María de Sacos, xunto a súa dona tan chorada.
Chámanos a atención que no cemiterio atopamos unha tumba no chan e outra no panteón familiar co nome de María.
No panteón lemos unha frase curiosa, non nos estraña xa que en todos os monumentos visitados hai algún dato que non entendemos.
“Lo de más es lo de menos 1= 0 “
Se non aparece ninguén que os resolva, haberá que volver e buscar respostas a estes enigmas.
Nota:
Moitas Gracias a Pilar Gómez Buhibas por a sua axuda.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Texto: Pilar Gómez Buhigas
Fuentes: Nicanor Barros Gómez
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901