EIRA DE LOUREDO
LOUREDO
MASIDE
Louredo
Louredo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
Segundo o IGE en 2022 tiña 139 habitantes (72 homes e 67 mulleres), 84 menos ca en 1999.
Etimoloxía
O topónimo Louredo vén do latín lauretum (de laurum, "loureiro") máis o sufixo abundancial -etum, polo que é un fitónimo que fai referencia a un lugar onde hai dita planta.
Patrimonio
Igrexa románica do s. XII de importancia decorativa. Conta cunha ábsida semicircular na que se abren tres baleiros enmarcados por arcos de medio punto, esquema decorativo propio do románico rural e que se repite tamén na portada principal.
No interior atópanse restos de decoración mural da época medieval. Tamén ten unha pía bautismal con figuras en relevo. Entre as esculturas cabe mencionar a de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e unha Virxe co neno.
Festas
As festas de Sta. María de Louredo festéxanse os días 24 e 25 de agosto de cada ano. Estas festas honran principalmente a S. Bartolomeu (24) e a S. Antonio (25). A noite do 24 ao 25, ás 24h, acostúmase a tirar fogos artificiais, na que, ao remate, aparecerá a imaxe de San Bartolomeu.
Fonte
Conta cunha fonte que data de 1952, que segue producindo auga procedente dun manancial, onde os veciños acostuman a coller auga. Nos meses de verán apenas produce auga.
Lugares de Louredo
A Carreira, Espiñeiros, Louredo. Manzós, Martín de Louredo, O Outeiro. Ribadal. Sante
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
Poboación
No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901