EIRA DE LAMAS
LAMAS
SAN MARTIÑO DE LAMAS
SAN CRISTOVO DE CEA
San Martiño de Lamas
San Martiño de Lamas é un lugar da parroquia de Lamas, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño.
Segundo o IGE, en 2023 tiña 8 habitantes (2 homes e 6 mulleres).
Lamas
San Martiño de Lamas é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
En 2007 tiña 99 habitantes (42 homes e 57 mulleres), sete menos ca en 2006
Toponimia
O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.
Lugares de Lamas
Lamas, San Martiño de Lamas, Santrós
San Cristovo de Cea
San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.
Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».
Xeografía
O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.
O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.
O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.
Historia
Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.
En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.
Toponimia
O nome da vila aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira".
A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.
Até 1916 recibía simplemente o nome de Cea, pero nese ano pasou a ser chamado San Cristovo de Cea para distinguilo do concello de Cea (León).
Patrimonio arquitectónico
Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.
Patrimonio cultural
No concello está o Museo Etnográfico de Liste.
Economía
O concello basea o seu sustento económico no sector primario. As parroquias de Oseira e Vales contan con explotacións leiteiras, e a zona sur do concello ten granxas porcinas, avícolas e de coellos, integradas en COREN. Por outra banda, a agricultura inclúe a recollida do trigo que serve para facer o pan de Cea, con denominación de orixe, habendo máis de 40 fornos de cocción.
A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.
Parroquias de San Cristovo de Cea
Castrelo (San Cibrao), Cea (San Cristovo), Covas (Santa María), Lamas (San Martiño), Longos (Santa Baia), Mandrás (San Pedro), Oseira (Santa María a Real), Pereda (Santa Baia), San Fagundo (San Fagundo), Souto (San Salvador), Vales (San Pedro), Vilaseco (San Miguel), Viña (San Román)
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901