viernes, 3 de mayo de 2024

CRUCEIRO DE PARADA - PARADA - PONTE CALDELAS

 CRUCEIRO DE PARADA

PARADA

PONTE CALDELAS

 Parada
       Parada é un lugar da parroquia de Ponte Caldelas no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. 

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 127 habitantes (55 homes e 72 mulleres).

Ponte Caldelas
      Santa Eulalia de Ponte Caldelas é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 2.191 habitantes (1.026 homes e 1.165 mulleres). Ten nove entidades de poboación.

Lugares de Ponte Caldelas
       Caldelas, Ponte Caldelas, Laxoso de Arriba, Laxoso de Abaixo, Cuñas, Pazos, Gradín, Parada, Paradela, Sorreira

Ponte Caldelas
      Ponte Caldelas (do latín Pontem (de) Calidellas, '(a ponte por onde pasa o camiño a "Calidellas", á súa vez diminutivo de "aquas calidas" 'augas cálidas, termais', ou sexa 'augas quentiñas'. 'A ponte que pola que vai o camiño a "Calidellas" ') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.

       En 2021 tiña 5.548 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.

Xeografía
        O municipio sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrado nunha comarca natural que se estende polos contrafortes occidentais da serra do Suído.

        É terra de mananciais e ríos coma o Oitavén ou o Verdugo, de abruptas serras como A Fracha ou a Castrelada e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.

      Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos. Estes son produto dunha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.

      As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.

      A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas. Entre estes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal. Ao atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, coñecidas polas súas propiedades.

      No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, se una co río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901