miércoles, 1 de mayo de 2024

HORREOS DE CALVOS - CALVOS - PENOSIÑOS - RAMIRÁS

 HORREOS DE CALVOS

CALVOS

PENOSIÑOS

RAMIRÁS

 Calvos
        Calvos é un lugar da parroquia de Penosiños, no concello ourensán de Ramirás, na comarca da Terra de Celanova.

      Segundo o IGE, en 2023 tiña 53 habitantes (27 homes e 26 mulleres).

Penosiños
       San Salvador de Penosiños é unha parroquia do concello ourensán de Ramirás na comarca da Terra de Celanova. 

     Segundo o IGE en 2015 tiña 241 habitantes (105 homes e 136 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación.

       Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Fontebranca (en Penosiños, Gomesende), forma a parroquia eclesiástica de Penosiños.

Lugares de Penosiños
      Calvos, Carraguedo, Fonte Branca, Marnotos, A Moreira, Proente, Pumar Vello, As Regas, O Reguengo, Silvaescura, O Tellado, A Veiga, Vilanova

Ramirás
      Ramirás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.

      Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2014 tiña unha poboación de 1.643 persoas (2.053 en 2003).

     O xentilicio é ramirao.


Historia
      Comezou a ser habitado polos Coelernos, que construíron os castros de Grixó e Marnotos. Na Idade Media estas terras remataron caendo baixo o dominio do mosteiro de Celanova, que tiña aquí un dos seus priorados en Paizás, en constante litixios e preitos contra das monxas do mosteiro de San Pedro de Ramirás por mor das lindes dos seus dominios ata que os monxes conseguiron que extinguisen a vida monástica feminina deste lugar e así dominar eles sós a zona.

     O concello naceu administrativamente en 1926, trala fusión dos municipios de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza do antigo priorato de Celanova, San Salvador de Paizás, era chamado antigamente "de Eiras", sendo ese o nome dado ao río Tuño, segundo consta na documentación do mosteiro desde finais da Alta Idade Media.

Patrimonio
      O mosteiro de San Pedro de Ramirás é do século X. Aínda que a orixe non está ben establecida, sábese que foi fundado por Omnéga, abadesa do mosteiro de Santa Comba de Bande. Convento dos beneditinos en 1137, logo tivo diversos cambios. A igrexa, empezada no estilo románico, foi acabada no estilo gótico.

       Ramirás conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 Ruta do río Arnoia. É unha ruta lineal duns 11 km entre o Santuario da Nosa Señora do Val (Gomesende) e Escudeiros (Ramirás)

Parroquias de Ramirás    

      Casardeita (Santiago), Escudeiros (San Xoán), Freás de Eiras (Santa María), Grixó (Santa Isabel). Mosteiro (San Pedro), Paizás (San Salvador), Penosiños (San Salvador), Rubiás (Santiago), Santo André de Penosiños (Santo André), Vilameá de Ramirás (Santa María) 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901